Amar en libertad

XUDIT CASAS | Galicia | 2019 | 60'

Categorías: Panorama Galicia
Día: 28.09.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Directora: Xudit Casas
Guión: Xudit Casas
Fotografía: Angélica Dufaux
Montaxe: Xudit Casas
Intérpretes: Brigitte Vasallo, Coral Herrera, Eva Duncan, Ignasi Puig, Jorge Roldán, Miguel Vagalume y Roma de las Heras.
Produtora: Judit C. González
Produción: Celanova Audiovisual

Trátase dun documental de creación sobre o  poliamor e as relacións non monógamas. Persoas expertas e profesionais da materia explícannos como se xestionan este tipo de relacións e que ferramentas son útiles para tratar temas como os celos, o tempo, o sexo, etc. A través dos seus testemuños, iremos coñecendo máis a fondo o mito do amor romántico, a  monogamia e o papel da muller na mesma.

Sobre el director

XUDIT CASAS. Nada en Celanova é directora, videoartista, periodista e editora afincada en Madrid. Estudou Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid e tamén é Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. En ficción, destacan as súas curtametraxes “Sobre a  morte do Bieito” (seleccionado en máis de 30 festivais nacionais e internacionais, entre os que conseguiu o Silver Remi no Houston International Film Festival) e “Tercera Oportunidad”, con gran acollida do público e varios galardóns en festivais de todo o mundo.

Galería