Arcadia

COSTA-GAVRAS | Francia, Bélgica, España | 2005 | 122'

Categorías: Sesións Especiais
Día: 01.10.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Teatro Principal
Arcadia
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

DIRECCIÓN: Costa-Gavras
GUIÓN: Costa-Gavras, Jean-Claude Grumberg (Novela: Donald Westlake)
MÚSICA: Armand Amar
FOTOGRAFÍA: Patrick Blossier
MONTAXE: Yannick Kergoat
INTÉRPRETES: José García, Karin Viard, Geordy Monfils, Christa Theret, Ulrich Tukur, Olivier Gourmet, Yvon Back, Thierry Hancisse, Olga Grumberg
PRODUTORA: Michèle Ray-Gavras
PRODUCIÓN: K.G. Productions, Studio Canal, France 2 Cinéma, Canal+ (FR), Les Films du Fleuve, RTBF, SCOPE Invest (BE), Wanda Visión S.A. (SP)

Bruno D., un altísimo executivo dunha fábrica de papel, despois de pasar quince anos de servizos leais e esforzados á plena satisfacción dos seus superiores e accionistas, é despedido xunto con centos de compañeiros. Tres anos despois, aínda sen traballo, só pensa en sobrevivir e garantir o futuro da súa familia. Por iso, decide, coa axuda dunha arma, pasar á acción.

Sobre el director

COSTA-GAVRAS. Konstantinos Gavras, máis coñecido como Costa- Gavras, é un director de cinema franco-grego. Cada película que dirixe sérvelle para facer patente o seu compromiso político. Na súa primeira época dedicouse ao thriller político e o drama sentimental, nos últimos anos dedícase máis á ficción social. Cando deixa Atenas para ir a París, licénciase en Literatura. Logo entra no Instituto de Altos Estudos Cinematográficos (IDHEC) e traballa de axudante de Henri Verneuil, Jacques Demy e René Clément. Entre os seus títulos como director destacan: “Edén ao oeste” (2009), “Arcadia” (2005) “Amén” (2002), “A caixa de música” (1989), “Hannak” (1983) “Missing” (1982), “A confesión” (1970), “ Z” (1969) ou “Os raíles do crime” (1965).