Horario: 22:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella

Ficha técnica
DIRECTOR: Gael García Bernal
GUIÓN: Augusto Mendoza
MÚSICA: Leonardo Heiblum, Jacobo Lieberman
FOTOGRAFÍA: Juan Pablo Ramírez
MONTAXE: Sebastián Sepúlveda
INTÉRPRETES: Benny Emmanuel, Gabriel Carbajal, Leidi Gutiérrez, Dolores Heredia, Enoc Leaño, Daniel Giménez Cacho
PRODUTORES: Gael García Bernal, Marta Núñez Puerto y Thomas Benski
PRODUCIÓN: La Corriente del Golfo / Pulse Films
DISTRIBUCIÓN: Cinépolis Distribución (México)
Cagalera e Moloteco son dous adolescentes de San Gregorio Atlapulco que buscan desesperadamente afastarse das circunstancias opresivas nas que viven. Cando se enteran dunha oportunidade para mercar unha praza no sindicato de electricistas, o que podería transformar as súas vidas, adéntranse no escuro mundo criminal da Cidade de México.
Sobre el director
GAEL GARCÍA BERNAL. Produtor e director mexicano, é coñecido sobre todo pola súa faceta como actor. Estudou interpretación na Royal Central School of Speech and Drama de Londres e protagonizou películas en México, Estados Unidos, España, Arxentina, Chile, Bolivia, Francia e Brasil. Ten un Globo de Ouro como actor de televisión pola serie “Mozart in the Jungle”. Entre os seus filmes máis recoñecidos atópanse “Amores perros”, “Y tu mamá también”, “El crimen del padre Amaro”, “La mala educación”, “Diarios de motocicleta” e “Babel”. En 2005 fundou, xunto ao tamén actor Diego Luna, a produtora Canana Films e, un ano máis tarde, debutou como director de cinema coa película “Déficit”. Desde entón rodou varios curtas. “Chicuarotes” é a súa segunda longametraxe.
2019: Chicuarotes
2018: Aquí en la Tierra (TV)
2016: Mozart in the Jungle (TV)
2016: Madly (segmento/segment “Love of my life”)
2015: La Mano Visible (curta)
2013: Drifting Part 2 (curta)
2010: Los Invisibles (curta)
2010: Revolución (segmento“Lucio”)
2008: 8 (segmento “The Letter”)
2007: Déficit