Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 22:30h |
Lugar:

Ficha técnica
DIRECTOR: Mikel Rueda
GUIÓN: Mikel Rueda
FOTOGRAFÍA: Kenneth Oribe
MÚSICA: Naia Mandaluniz
MONTAXE: Elex Argoitia, Mikel Rueda
INTÉRPRETES: Maribel Verdú, Germán Alcarazu
PRODUTORES: Carlo D’Ursi, Karmelo Vivanco
PRODUCIÓN: Baleuko, Sonora Estudios, Potenza Producciones
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: Filmax
Cando pasas dos 45 anos, pode parecer que xa tes todo feito na vida: un marido, dous fillos, un can e unha fermosa casa cun xardín. Pero … é todo? Cando es adolescente, pode parecer que tes toda a vida por diante: tempo para casar, ter un par de fillos, un gato e unha bonita casa cun xardín. Ana e Eric. Eric e Ana. Os dous están perdidos. Non teñen idea do que facer co resto da súa vida. Un día coñécense nun chat de sexo.
Sobre el director
MIKEL RUEDA. Director e guionista nado de Bilbao, é licenciado en Comunicación Audiovisual pola UN na especialidade de guión e ten un postgrado en Dirección de Cine pola New York Film Academy. A súa primeira longametraxe, “Izarren Argia” (“Estrellas que alcanzar”) competiu na Sección Oficial -Novos cineastas- do Festival Internacional de San Sebastián en 2010. A súa segunda longametraxe, “A escondidas”, estreouse na Sección Oficial do Festival de Málaga e proxectouse en máis de 15 países entre os que se atopan Francia, Estados Unidos, Alemaña ou Reino Unido. En 2018 rodou en Nova York a súa primeira longametraxe documental titulada “Nueva York. Quinta planta” e este ano volve a ficción con “El doble más quince”. Mikel Rueda compaxina a súa labor como guionista e realizador coa docencia, e actualmente está escribindo a súa cuarta longametraxe, «El año que cayó el muro».
2019: El doble más quince
2016: Nueva York. Quinta planta (documental)
2016: Caminan (curta)
2015: Bilbao-Bizkaia Ext: Día (curta)
2014: A escondidas
2012: Agua! (curta)
2010: Cuando corres (curta)
2010: Izarren argia
2007: Present Perfect (video short)