Horario: 22:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Horario: 20:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo

FELIX e ROSA chegan ao seu primeiro día de traballo sen saber que, en realidade, optan ao mesmo posto, o que desencadea unha cruenta loita por facerse co cargo na que todo vale. Paralelamente, RAMONA, Presidenta da compañía, ten que lidar co despedimento do Xerente Xeral, que se atopa no estranxeiro pechando un acordo vital para a compañía. Esta harmoniosa oficina está a piques de converterse nunha desapiadada xungla.
Sobre el director
FERNANDO TATO. É un actor coñecido por series como “O Faro” (Televisión de Galicia), “Pulsacións” (Antena 3), “Matadero” (Antena 3), “Libro de Familia” (TVG), “Serramoura” (TVG) ou “Augas Quentes” (TVG). “El jefe” é o seu terceiro traballo como director despois das curtametraxes “Selfpain” e “Uganda”.
OZO PEROZO. Director e guionista das curtas “Baseado en feitos que puideron ter acontecido” (2003) e “Auga”
(2007) e director ds teleseries de Televisión de Galicia “O faro” (2014-16) e “Fontealba” (2016-17).