Gracias a Dios

Grâce à Dieu

FRANÇOIS OZON | Francia - Bélgica | 2018 | 137'

Categorías: Inédito en Ourense
Día: 02.10.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Gracias a Dios - Inédito en Ourense
Compartir:

Ficha técnica

Director: François Ozon
Guión: François Ozon
Música: Evgueni Galperine, Sacha Galperine
Fotografía: Manuel Dacosse
Montaxe: Laure Gardette
Intérpretes: Melvil Poupaud, Denis Ménochet, Swann Arlaud, Éric Caravaca, François Marthouret, Bernard Verley.
Produtores: Eric Altmayer, Nicolas Altmayer
Produción: Mandarin Production / Scope Pictures
Distribución en España: Golem

Alexandre vive en Lyon coa súa esposa e fillos. Cando se decata de que o sacerdote que abusou del cando era un  boy scout segue traballando con nenos, lánzase a unha loita á que se unen  François e Emmanuel, outras vítimas do sacerdote, coa fin de liberarse dos seus sufrimentos a través da palabra. Pero as repercusións e consecuencias dos seus testemuños non deixarán a ninguén indemne.

PREMIOS
FESTIVAL DE BERLÍN 2019: Gran Premio do Xurado

Sobre el director

FRANÇOIS OZON. Director de cine francés, entrou en 1990 na escola de cine de París La Femis na área de realización. Realizou numerosas curtas e longametraxes, caracterizadas por un humor enxeñoso e satírico e un peculiar punto de vista sobre a sexualidade humana. Os seus títulos máis recoñecidos e premiados son “Gotas de agua sobre piedras calientes” (2000), “Swimming Pool” (2003),  “5×2 (Cinco veces dos)” (2004), “El tiempo que queda” (2006) e “Joven y bonita” (2013). Con “Gracias a Dios” obtivo o Gran Premio do Xurado da Berlinale.