La trinchera infinita
The endless trench
JON GARAÑO, AITOR ARREGI, JOSE MARI GOENAGA | España | 2019 | 140'
Horario: 20:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Ficha técnica
DIRECTORES: Jon Garaño, Aitor Arregi, José Mari Goenaga
GUIÓN: Luiso Berdejo, José Mari Goenaga
MÚSICA: Pascal Gaigne
FOTOGRAFÍA: Javier Agirre Erauso
INTÉRPRETES: Antonio de la Torre, Belén Cuesta, José Manuel Poga, Vicente Vergara, José María del Castillo, Carlos Bernardino
DURACIÓN: 140 minutos
PRODUTORES: Xabier Berzosa, Olmo Figueredo González-Quevedo, Iñaki Gómez, Birgit Kemner, Miguel Menéndez de Zubillaga, Íñigo Obeso
PRODUCIÓN: Irusoin, Moriarti Produkzioak, La Trinchera Film AIE, La Claqueta
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: Entertainment One – eOne Films Spain
Higinio e Rosa levan poucos meses casados cando estala a Guerra Civil e a vida del pasa a estar seriamente ameazada. Coa axuda da súa muller decidirá utilizar un buraco cavado na súa propia casa como agocho provisional. O medo ás posibles represalias así como o amor que senten o un polo outro condenaralles a un peche que se prolongará durante máis de 30 anos.
Sobre el director
JOSE MARI GOENAGA. Director de cinema, guionista e produtor vasco. Ademais de curtametraxes coescribiu e codirixiu unha longametraxe de animación, “Supertramps” e o documental Lucio (codirixido xunto a Aitor Arregi). No ano 2014 a película “Loreak” (codirixida tamén xunto ao seu socio Jon Garaño), estreouse na sección oficial do Festival de Cinema de San Sebastián, sendo a primeira película rodada integramente en eúscaro que competía na devandita sección. Representou a España nos premios Óscar de 2015.
AITOR ARREGI. Aitor Arregi escribiu e dirixiu varias curtametraxes que foron premiados en numerosos festivais. Tamén codirixiu as longametraxes de animación e as longametraxes documentais “Sahara maratón” e “Lucio”. Foi tamén coguionista de “ Loreak” e “ Handia”, sendo co-director desta última (Premio Especial do Xurado e Premio Irizar no Festival de Cinema de San Sebastián, gañadora de 10 Goyas e 13 nomeamentos en 2018).
JON GARAÑO. Traballou como director, produtor e guionista en numerosos proxectos audiovisuais. As súas curtametraxes foron galardoadas en máis de 100 ocasións e os seus documentais para televisión foron emitidos en máis dunha quincena de países. Coescribiu e codirixiu as longametraxes “80 egunean”, “Loreak” e “Handia”.
JOSE MARI GOENAGA
2019: La trinchera infinita
2019: Mateoren Ama (curta)
2016: Renovable (curta)
2014: Loreak
2011: Lagun mina (Amigo íntimo) (curta)
2010: 80 egunean
2007: Lucio (documental)
2005: Sintonía (curta)
2004: Supertramps
2002: Tercero B (curta)
2000: Compartiendo Glenda (curta)
AITOR ARREGUI
2019: La trinchera infinita
2019: Mateoren Ama (curta)
2017: Handia
2014: Zarautzen erosi zuen (curta)
2007: Lucio (documental)
2006: Cristóbal Molón
2004: Wide Angle (serie documental)
2004: Glup, una aventura sin desperdicio
2004: Sahara Marathon (documental)
JON GARAÑO
2019: La trinchera infinita
2017: Handia
2016: Renovable (curta)
2014: Loreak
2011: La casa del nazareno (curta documental)
2011: Urrezko Eraztuna (curta)
2010: El método Julio (curta documental)
2010: 80 egunean
2010: Perurena
2009: Asämara (curta documental)
2008: I On the Line (curta)
2008: FGM (corto documental)
2006: Miramar Street (curta)
2005: The Dragon House (documental para TV)
2004: Wide Angle (serie documental)
2004: Sahara Marathon (documental)
2001: Despedida (curta)