Maya

MIA HANSEN-LOVE | Francia-Alemania / 2018 | 2018 | 107'

Categorías: Inédito en Ourense
Día: 04.10.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Maya- Inédito en Ourense OUFF
Compartir:

Ficha técnica

Directora:  Mia Hansen-Løve 
Guión: Mia Hansen-Løve
Fotografía: Hélène Louvart
Montaxe: Marion Monnier
Intérpretes: Roman Kolinka, Aarshi Banerjee, Suzan Anbeh, Judith Chemla, Alex Descas, Pathy Aiyar, Pascal Hintablian
Produtores: Philippe Martin, David Thion
Produción: Les Films Pelléas / Razor Film
Distribución en España: Golem

Decembro de 2012. Despois de catro meses de cativerio en Siria, dous xornalistas franceses son liberados. Gabriel, o máis novo, ten algo máis de 30 anos. Despois de pasar recoñecementos médicos e contestar a moitas preguntas, pode estar coa súa familia e a súa moza. Transcorren unhas semanas e, incapaz de atopar un rumbo, decide ir a Goa, onde creceu. Alí coñecerá a Maya.

Sobre el director

MIA HANSEN-LOVE. Directora e actriz francesa,  tamén colaborou como crítica cinematográfica na revista  Cahiers du Cinéma entre 2003 e 2005. Tras realizar varias curtametraxes, debutou na Quincena de Realizadores de Cannes coa súa primeira longametraxe, “Tout est pardonné” (2007), recibindo o aplauso da crítica, e que conseguiría máis adiante o Premio Louis  Delluc á Mellor Ópera Prima. Os seus seguintes traballos serían “Le père de mes enfants” (2009, Premio Especial do Xurado de Un Certain Regard en Cannes), “Un amour de jeunesse” (2011), “Eden” (2014) e “El porvenir” (2016), gañador do Oso de Prata á Mellor Dirección na  Berlinale. “Maya”, o seu último filme, estreouse en Toronto.