O que arde

Lo que arde / Fire will come

OLIVER LAXE | España-Francia-Luxemburgo | 2019 | 85'

Categorías: Sección Oficial
Día: 30.09.2019 |
Horario: 22:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 03.10.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella
O que arde- sección oficial OUFF
Compartir:

Ficha técnica

DIRECTOR: Oliver Laxe 
GUIÓN: Santiago Fillol, Oliver Laxe
FOTOGRAFÍA: Mauro Herce
MONTAXE: Cristóbal Fernández
INTÉRPRETES: Amador Arias, Benedicta Sánchez 
PRODUTORES: Andrea Vázquez, Xavi Font, Andrea Queralt, Mani Mortazavi
PRODUCIÓN: Miramemira, 4A4 Productions, Kowalski Films, Tarantula
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: NUMAX Distribución

Tras cumprir condena por provocar un incendio, Amador é posto en liberdade. Ao saír do cárcere, ninguén o espera. Nunha aldea perdida das montañas lucenses, volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza. Pero todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

PREMIOS
FESTIVAL DE CANNES 2019, UN CERTAIN REGARD: Premio do Xurado

Sobre el director

OLIVER LAXE. Actor, director e guionista, este fillo de inmigrantes galegos naceu en París en 1982. Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade  Pompeu Fabra de Barcelona antes de mudarse a Londres, onde rodou, en colaboración con Enrique Aguilar, a curtametraxe “E as chemineas decidiron escapar” (2006). É impulsor do proxecto Dao Byed, un taller cinematográfico para nenos desfavorecidos en Tánger, e no que está baseada a súa primeira longametraxe, “Todos vós sodes capitáns”, presente na Sección Oficial de Mar do Prata e gañadora do premio FIPRESCI da Quincena de Realizadores de Cannes 2010. En 2016 repetiu en Cannes con “Mimosas”, gañadora do Gran Premio da Semana da Crítica, e en 2019 regresou ao festival galo coa súa terceira longametraxe, “O que arde”, facéndose unha vez máis con galardón: o Premio do Xurado da sección Un certain regard.

2019: O que arde 
 2016: Mimosas 
 2010: Todos vós sodes capitáns

Galería