Parranda

GONZALO SUÁREZ | España | 1977 | 87'

Categorías: Homenaxe Blanco Amor
Día: 02.10.2019 |
Horario: 20:30h |
Lugar: Praza San Martiño
Parranda
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Dirección: Gonzalo Suárez
Guión: Eduardo Blanco Amor, Gonzalo Suárez (Novela: Eduardo Blanco Amor)
Música: Juan José García Caffi
Fotografía: Carlos Suárez
Montaxe: Antonio Gimeno
Intérpretes: José Luis Gómez, José Sacristán, Antonio Ferrandis, Charo López, Fernando Fernán Gómez, Fernando Hilbeck, Isabel Mestres, Luis Ciges, Marilina Ross, Queta Claver, Marisa Porcel. 
Produción: Luis Méndez, Julián Esteban
Produtora: Lotus Films
Distribuidora: Mercury Films

Cebrián, un traballador dos altos fornos asturianos, está detido no cuartel da Garda Civil. Alí ten que render contas das desfeitas que el e dous amigos causaron nunha noite de parranda. O que empezara como unha esmorga máis, converteuse nun delirio de violencia, alcol e sexo.

Sobre el director

GONZALO SUÁREZ. Naceu en Oviedo, en 1934. A familia trasladouse a Madrid en 1936, onde lles sorprende a Guerra Civil. Estuda Filosofía e Letras. A súa primeira ocupación foi o xornalismo, en especial o deportivo, en “El Noticiario Universal”. Debutou no cinema con “Ditirambo” (1967). Foi precursor da chamada Escola de Barcelona. Comezou traballando nun tipo de cinema afastado da corrente tradicional, pero o fracaso na billeteira fíxolle regresar a un cinema máis comercial. Entre os seus títulos destacan “La Regenta”, “Epílogo”, “Remando al viento” e “El detective y la muerte”. En paralelo ao cinema, desenvolveu un extenso labor literario, que comezou en 1963 coa publicación da novela “De cuerpo presente”. Recibiu a Cuncha de Prata ao Mellor Director no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián por “Remando al vento” (1988) e o premio Prix de la Jeunesse no Festival de Cannes de 1984 por “Epílogo”. É Premio Nacional de Cinematografía (1991), Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e Caballero de las Artes y las Letras.

Otras obras de esta categoría