Portrait de la jeune fille en feu
Retrato de una mujer en llamas / Portrait of a lady on fire
CÉLINE SCIAMMA | Francia | 2019 | 119'
Horario: 22:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella

Ficha técnica
DIRECTORA: Céline Sciamma
GUIÓN: Céline Sciamma
MÚSICA: Jean-Baptiste de Laubier, Arthur Simonini
FOTOGRAFÍA: Claire Mathon
MONTAXE: Julien Lacheray
INTÉRPRETES: Adèle Haenel, Noémie Merlant, Luàna Bajrami, Valeria Golino
PRODUTORES: Véronique Cayla, Bénédicte Couvreur
PRODUCIÓN: Arte France Cinéma / Hold Up Films / Lilies Films
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: Karma Films
Francia, 1770. Marianne, unha pintora, recibe un encargo que consiste en realizar o retrato de vodas de Héloïse, unha moza que acaba de deixar o convento e que ten serias dúbidas respecto ao seu próximo matrimonio. Marianne ten que retratala sen o seu coñecemento, polo que se fai pasar por dama de compañía para poder observala de cerca.
PREMIOS
FESTIVAL DE CANNES 2019: Mellor guión
Sobre el director
CÉLINE SCIAMMA. Nada en Francia, Céline Sciamma estudou en La Fémis, unha das institucións de cinematografía máis prestixiosas do país, e foi discípula do cineasta Xavier Beauvois. Tras varias experiencias no mundo das curtas, rodou a súa primeira longametraxe, “Naissance deas pieuvres” (“Water Lilies”) no 2007, co que logrou o premio do público do Festival Internacional de Cinema de Atenas e un gran éxito de crítica en todo o país. A súa consagración como un dos grandes talentos emerxentes do cinema francés chegou catro anos despois con “Tomboy”, película premiada no Festival de Berlín e en Bos Aires, entre outros. Os seus seguintes traballos como directora foron “La banda de las chicas” (2014) e “Retrato de una mujer en llamas” (2019), que recibiu o premio ao mellor guión en Cannes.
2019: Retrato de una mujer en llamas
2014: La banda de las chicas
2011: Tomboy
2010: Pauline (curta)
2007: Naissance des pieuvres