Sempre Xonxa

CHANO PIÑEIRO | Galicia | 1989 | 114'

Categorías: Sesións Especiais
Sempre Xonxa
Compartir:

Ficha técnica

Director: Chano Piñeiro
Guión: Chano Piñeiro
Música: Pablo Barreiro, Carlos Ferrant, Marcial Prado
Fotografía: Miguel Ángel Trujillo
Montaxe: Cristina Otero
Intérpretes: Uxía Blanco,  Xavier R. Lourido, Miguel Insua,  Roberto Vidal Bolaño, Roberto Casteleiro,  Rodrigo Roel, Aurora Redondo, Loles León.
Produción: Manuel Martínez Mallo, TVG
Produtora: Produciós Cinematográficas Piñeiro

A historia de amor entre dous nenos rompe pola migración forzada dos galegos cara América. Cando moitos anos despois un deles regresa rico,  Xonxa é xa unha muller casada.

Sobre el director

CHANO PIÑEIROPrincipal impulsor do cinema en Galicia e en galego, foi un director autodidacta que comezou realizando os seus primeiros traballos en Super-8 durante a década dos 70. En 1984 gravou a súa primeira curtametraxe en 35 mm, “Mamasunción”, que o converteu nunha icona do cinema costumista en Galicia e fíxolle gañar multitude de premios e mencións a nivel internacional. En 1989 realizou a súa primeira e única longametraxe, “ Sempre  Xonxa”, a primeira produción de cinema en longametraxe de ficción totalmente en galego e rodada integramente en Galicia. Faleceu en Vigo á idade de 40 anos vítima da enfermidade de Crohn, que minguara a súa saúde e o seu aspecto físico.