Soziedad Alkohólika – Resurgir

Manu Viqueira | 2018 | 4'

Categorías: OUFF En Curto | Videoclips
Día: 02.10.2019 |
Horario: 22:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Día: 03.10.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Resurgir - Soziedad Alkohólika. Videoclips OUFF en curto
Compartir:
Entrada gratuita

Videoclip que mestura 3 historias persoais e mundos “mentais” para motivar a rotura de prexuízos e barreiras morais, relixiosas, educativas, sociais… para conseguir ser un mesmo e ter unha mente máis aberta, creativa e libre. Así temos a historia da muller que se libera da moral e do sentimento de culpa cristián; o grafitero oprimido polo que di a sociedade del; e o personaxe que se enfronta aos seus propios demos creados pola educación.

Sobre el director

MANU VIQUEIRA. Realizador/ postprodutor especializado en proxectos con FX, motiongraphics e máis concretamente en animación collage. Aínda que na maioría encárgase tamén do guión e a creatividade. Agora mesmo tenta redirixir a súa carreira para realizar o maior número de videoclips, documentais musicais, fashion films e títulos de crédito.

Realizou o lyric vídeo Troubled Times de Green Day, traballando desde o seu pequeno estudo da Coruña para a Warner Bros dos Á ngeles, e acumula máis de 6 millóns e medio de visionados en youtube, ademais de varias seleccións en festivais de Los Ángeles, Londres… Ademais de gañar o Mestre Mateo 2018 ao mellor videoclip. Logo fixo un lyric vídeo (“Sistema Antisocial”) e un videoclip (“Resugir”) para Soziedad Alkohólika, e dous traballos máis para Warner España: lyric vídeo para Love of Lesbian, videoclip Agora ou Nunca de La Pegatina con Macaco… Como posptrodutor e motiographer elaborou múltiples cabeceiras para programas da TVG (Verbas Van, Laretando, No mellor da Vida, Bote Así, Naqueles Tempos), participado en anuncios ( Lomónaco, Galicia Calidade, A Vaquiña…), en curtametraxes ( Mr Smiths and Wesson de Jorge Saavedra, Paxaro Escuro de Simón Casal) e en películas (Torrente 5 de Santiago Segura).

Realizou a supervisión de FX de Dhogs de Adrián Goteira (13 premios Mestre Mateo 2018 e os motion graphics e cabeceira da película documental “A Batalla Descoñecida” de Paula Cons gañadora a mellor documental nos Premios mestre Mateo e emitido na tv2. Ten guionizado, dirixido e/ou editado múltiples programas e documentais para TV (Ou Gardarrios, Vida e morte de Luís Trigo; Os Belés, Xa hai que foi, Curros Enriquez) e videoclips para Pulpiño Viascón, DeLaHoja, Dismal e Sacha na Horta.