MATÍAS TARRÍO

Licenciado en Filoloxía Galega pola USC e Técnico en Realización pola EIS, desde hai anos vén desenvolvendo diferentes tarefas en programas da TVG. Foi presentador Cazador de Palabras), reporteiro (Xente Con Xente), guionista (A casa de 1907), coordinador de redacción (ADN Galego, O País Máis Grande do Mundo, Oh Happy Day) e director (Galegos No Mundo, Buscando Ardebullo); ademais de dirixir videoclips. No último ano escribiu o proxecto de serie de ficción “El Camino”, escribiu sobre cultura e tendencias na revista dixital VINTE, e ven colaborando no diario cultural da Radio Galega.

Matías Tarrío - OUFF en Curto

SABELA HERMIDA

Actriz viguesa, Licenciada en Filosofía pola Universidade de Granada e doutora en Artes Escénicas pola URJC onde tamén realizou o máster “Artes Escénicas: Teatro, Música e Danza”. No eido teatral traballou con directores como Lino Braxe, Hugo Pérez de la Pica, Irina Kouberskaya o Pilar Massa, protagonizando numerosas montaxes como: “O Paseo das Esfinxes”, “Política Sentimental”, “Manar. No audiovisual, traballou en programas e series para TVG como “Malo Será”, “Casa Manola”, “Efectos Secundarios”, “Escoba” e “Libro de Familia”, e participou nas películas de “Camarón” e “Héctor”.

Sabela Hermida - OUFF en Curto

MARTA PORTO

Cineasta ourensá. Estudió Fotografía na EASD Antonio Failde e o Grado en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Directora e guionista da curtametraxe documental “Los que no sienten” (2019)

Marta Porto - OUFF en Curto