Desaparecidos

MIGUEL ÁNGEL VIVAS | España | 2019 |

Categorías: OUFF Transmedia
Día: 03.10.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Teatro Principal
Desaparecidos
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

DIRECTOR: Miguel Ángel Vivas
INTÉRPRETES: Michelle Calvó, Elvira Mínguez, Juan Echanove, Maxi Iglesias
PRODUTORES: Curro Royo, Miguel Ángel Fernández
PRODUCIÓN: Plano a Plano y Mediaset España

Unha inspectora de policía incorpórase ao Grupo 2 de Desaparecidos da Brigada Central. Afectada polo drama da desaparición dun ser próximo, atopará nos seus compañeiros unha nova familia. Xunto a eles e co lema «Nós seguimos buscando», investigará e tratará de resolver os casos máis dispares, todos eles protagonizados por persoas que un día tragou a terra.

Sobre el director

MIGUEL ÁNGEL VIVAS. Director e guionista sevillano, licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Europea de Madrid e obtivo un diploma en Dirección cinematográfica pola Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM). Realizou a súa primeira longametraxe titulada “Reflejos” no 2001, coa que conseguiu gañar o Premio Ópera Prima de Atresmedia e clausurar a sexta edición do OUFF. En 2010 filmou coa produtora galega Vaca Films “Secuestrados”. No 2015 dirixiu​ a película “Extinction”, na que tamén estaba Vaca Film. No 2018 dirixe e escribe, xunto a Alberto Marini, o guion de “Tu hijo”.

Galería

Otras obras de esta categoría