-
O cineasta Alberte Pagán dirixirá o taller “Que é o cinema?” o sábado e domingo
-
Oliver Laxe falará sobre o proceso creativo da súa película “O que Arde”
A fin de semana comezan os talleres formativos que terán lugar durante a 24 edición do Ourense Film Festival. Estes dous obradoiros, de carácter gratuito, súmanse ao que dirixiu durante catro xornadas o director de cine Xavier Bermúdez no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar. Os obradoiros dos cineastas Alberte Pagán e Oliver Laxe terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Alberte Pagán: “Que é o cinema?”
Horario: Sábado e Domingo, a partir das 18h.
O director tentará dar resposta a esta pregunta desde a súa propia práctica fílmica. A palestra xirará arredor de catro eixos: cinema como materia, cinema como tempo, cinema como montaxe e cinema como significado.
Sábado 28:
Intervención Alberte Pagán e pase das obras escollidas polo realizador para a «Sesión 1», con algunhas das súas pezas máis significativas.
– Pó de estrelas (2007, 24’)
– Eclipse (2010, 20’)
– Noite de rodos (2016, 4’)
– Flora e fauna (Shot on Sight) (2017, 14’)
– A mosca (2017, 2’)
– Uluru (2018, 7’)
Domingo 29:
Proxección dos títulos da «Sesión 2». Nesta sesión poderemos ver a case totalidade da serie «Superfícies», na que o cineasta refilma imaxes proxectas sobre diferentes superficies. A refilmación rompe a ilusión da pantalla como xanela realista.
– Long Face (2014, 6’)
– Sonho bolivariano (2014, 6’)
– Forgoselo (2014, 4’)
– Peter (2015, 3’)
– Nyaungshwe (2016, 5’)
– Pagán (2016, 8’)
– Gongoriin bombani hural (2016, 3’)
– Al (2016, 3’)
– Berbera (2016, 2’)
– La tierra santa (2016, 9’)
– A mata (2017, 20’)
A xornada finalizará coa estrea da nova película de Alberte Pagán: τέχνη «Tekné». (59′).
Oliver Laxe: “O proceso creativo de O que arde”
Horario: Luns, de 16 a 19 horas // Martes, de 10 a 14h e de 17 a 20h.
Obradoiro de cinema dirixido a estudantes, profesionais e amantes do cine. Oliver Laxe compartirá tódolos detalles do proceso creativo da súa última película “O que arde”: intencións, castings, ensaios con actores, guións, detalles da produción, do orzamento, das estratexias de rodaxe, da montaxe, do traballo sonoro da distribución…