calpurnia

Adolfo Domínguez naceu en Trives en 1950. Medrou entre costuras antes de trasladarse a estudar Belas Artes e Cinematografía a París. De volta ao seu Ourense, decide centrarse no mundo da moda e no 76 abre a súa primeira tenda na cidade. Xa nos 80 amplía miras, pasando a facer deseños tamén para muller e popularizando a súa frase máis mítica A engurra é bela”. Co paso dos anos, o nome de Adolfo Domínguez fíxose un oco imprescindible no panorama mundial da moda. Abre tendas por todo o mundo e saca coleccións de complementos, cosmética e perfumes. Recibe importantes recoñecementos como a Agulla de Ouro ou o Premio Nacional de Deseño no 2019. Na actualidade, as súa filla maior, Adriana Domínguez, é a presidenta executiva da compañía, que manten a súa esencia intacta.

A outra gran paixón do modisto ourensano é o cinema. A produción de “La moños” foi unha das súas aportacións a este mundo. Foi xusto esta cinta a que abriu o camiño a 25 anos de historia do Festival de Cine de Ourense, proxectándose na gala inaugural da primeira edición no ano 1996. Sobre “La moños” hai que destacar que foi un filme dirixido por Mireia Ros e está baseada na historia dunha muller icónica e estrambótica que percorría as rúas do barcelonés barrio do Raval a principios do século XX. Estivo nomeada a un Premio Goya á Mellor dirección novel.

 

En 1984 foi elexido para diseñar o vestuario da mítica serie norteamericana de televisión Corrupción en Miami, protagonizada por Don Johnson y Philip Michael Thomas, e en lugar da clásica gabardina e sombreiro optou por un toque personal que revolucionou o vestiario destas series: tecido de liño e camisetas. Actores e actrices de primeiro nivel vestiron prendas do modisto ourensan. Penélope Cruz posou posó para a campaña de Adolfo Domínguez a finais dos 90, con prendas da colección outono-invierno 1989. En 2009 a súa nova colección de corte helénico foi apadriñada pola actriz Gwyneth Paltrow.