Grazas ao acordo ao que chegou o Festival de Cinema de Ourense con Renfe, poderase gozar de descontos de ata o 35% na viaxe en tren para asistir ao certame no seu 25 aniversario. O desconto ofrécese para trens con destino e saída de Ourense entre os días 25 de setembro e 3 de outubro. Os interesados deben poñerse en contacto coa organización a través do correo ouff@depourense.es para que lles sexa facilitado o código de desconto.

renfe-ouff

 

Unha vez que se diponga do número, os asistentes poden solicitar o seu desconto á hora de comprar os seus billetes a través de www.renfe.com procedendo da seguinte maneira.

1.- Seleccionar o tren que desexen marcando a Tarifa Flexible.

2.- No despregable de tarifas seleccionar a tarifa de Congresos/Eventos.

3.- Introducir o número de autorización  (Non válido para código desconto).