-
Seis grupos percorreron a cidade gravando durante 48 horas
-
Os gañadores coñeceranse o sábado, 3, na gala de clausura
Fas Muvis, o concurso do Festival de Cine de Ourense para rodar unha peza audiovisual na cidade nun prazo de 48 horas remata hoxe o prazo de rodaxe polas rúas e arredores da cidade. Os seis grupos seleccionados, de entre máis de 20 propostas presentadas, estiveron dous días percorrendo diferentes localizacións para gravar as súas películas.
Agora cada un dos grupos, formado por un máximo de cinco persoas, teñen 96 horas para facer todo o proceso de montaxe. A obra final deberá estar entregada antes das 20.00 horas do xoves 1 de outubro. Os gañadores daranse a coñecer durante a gala de clausura do vindeiro 3 de outubro.
O concurso outorgará dous galardóns: un primeiro premio dotado de 600€ e un segundo de 200€. O xurado de Fas Muvis está formado por Laura Miragaya, realizadora é docente no IES Audiovisual de Vigo e na Universidade de Vigo; Sergio Frade, productor e docente no IES Audiovisual de Vigo e na Universidade de Vigo; e Mariana Carballal, actriz e docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e na Universidade de Vigo.
Os grupos seleccionados son Auria Última Noite, A Gran Pantalla, Bagagem, O Panexírico de Narciso, Lémbrame e A Memoria Activa. Todos eles son promesas do audiovisual do país, procedentes de diferentes zonas de Galicia. Con Fas Muvis e OUFF en Curto, o OUFF quere potenciar o talento dos máis novos e apoiar aos creadores galegos coas súas primeiras pezas.