Un total de 16 títulos que formaron parte da 24 e da 25 edición do Festival de Cinema de Ourense – OUFF están nas candidaturas para os Premios Goya 2021, os galardóns máis importantes do cinema español. Os nomeados definitivos daranse a coñecer o vindeiro luns, 11 de xaneiro na sede da Academia de Cinema. Os actores Ana Belén e Dani Rovira, ambos os gañadores do Goya, serán os encargados de anuncialas.


As películas do 25 OUFF con máis precandidaturas aos Goya son “La boda de Rosa” e “A illa das mentiras”, competindo cada unha delas nun total de 15 categorías. A galega “Arima” é candidata en 12 categorías. A isto hai que sumar que tódolos filmes españois que participaron no OUFF son candidatos a mellor película na categoría de longametraxes e de documentais. En total, as películas proxectadas no OUFF con precandidaturas son 16, que suman 85 prenominaciones nas diferentes categorías establecidas (dirección, película, guión, fotografía, montaxe, actor, curtametraxe, director novel, película iberoamericana, película europea, produción, etcétera).

As películas que resulten nomeadas aos Goya 2021 coñecerán aos seus gañadores nunha gala que se celebrará no Teatro do Soho o 27 de febreiro en Málaga. O actor malagueño Antonio Banderas e a xornalista catalá María Casado exercerán como presentadores e directores do acto. A gala contará con conexións desde outras cidades para adaptarse á actual situación epidemiolóxica.

 

 Candidaturas cine español:

  • “A media voz”, documental, Panorama Galicia.
  • “Arima”, longametraxe galego, Panorama Galicia.
  • “Cartas mojadas”, documental, Sección Oficial.
  • “El doble más quince”, Sección Oficial de 2019.
  • “El plan”, Premio Eduardo Barreiros.
  • “La boda de Rosa”, Inédito en Ourense.
  • “La isla de las mentiras”, Sección Oficial.

Candidaturas cine extranxeiro

  • “El agente topo”, Sección Oficial.
  • “Corpus Christi”, Sección Oficial.
  • “Falling”, Sección Oficial.
  • “Verano del 85”, Sección Oficial.
  • “Regreso a Hope Gap”, Sección Oficial.
  • “La profesora de piano”, Inédito en Ourense.
  • “Los consejos de Alice” Sección Oficial 2019.
  • “Nuestras madres”, Sección Oficial 2019.

Candidaturas curtametraxes

  • “Solo son peces”sección oficial.