• A actriz reconstrúe a súa identidade a través de obxectos, imaxes e palabras 

  • O proxecto, dirixido polo escenógrafo José Luis Raymond, inclúe máis dunha decena de escenarios

A actriz madrileña Nieve de Medina presentou no Ourense Film Festival (OUFF) o seu proxecto “Herencia”, unha instalación en que a intérprete reconstrúe a súa identidade e canto de herdanza hai nela en diferentes escenarios e a través de obxectos, imaxes e palabras. O proxecto, dirixido polo escenógrafo José Luis Raymond, xurdiu doutra instalación onde a actriz reflexionaba sobre “quen era Neve, quen fora e os personaxes que non chegou a ser”. 

O proxecto atópase en fase de produción e, ao mesmo tempo, os seus creadores exponse realizar un documental sobre o proceso creativo, onde a biografía de Nieve de Medina e da súa familia así como a improvisación foron protagonistas.

Ademais de actriz e directora de escena, Nieve de Medina é membro do xurado da Sección Oficial do OUFF. A intérprete conta cunha ampla carreira en teatro -“Consentimiento”, “Modelos Animales”, “Las bicicletas son para el verano”-, en cine -“1 franco, 14 pesetas”, “Los lunes al sol”, “El bola”- e en televisión -“Cuéntame cómo pasó”, “El Ministerio del tiempo”, “Brigada Costa del Sol”. Foi nomeada aos Goya e aos Premios do Cinema Europeo, e gañou dous premios da Unión de Actores.

O Ourense Film Festival serviu non só de escenario para presentar este proxecto, senón que tamén se puido ver un primeiro teaser do que ofrece.