• O OUFF colabora con UNICEF para facilitar agua potable a millóns de familias

  • O Ourense Film Festival donará a recaudación íntegra do ciclo Cine e Auga para adquirir bombas de auga e pastillas potabilizadoras

  • Segundo UNICEF, 785 millóns de persoas no mundo non teñen acceso a auga potable

A Deputación de Ourense e o Ourense Film Festival (OUFF) colaborarán con UNICEF para facilitar o acceso a auga potable naqueles lugares onde aínda non é posible. Así, o OUFF destinará a recadación íntegra do ciclo de películas Cine e Auga á adquisición de bombas de auga e pastillas potabilizadoras que UNICEF, a través da súa campaña Regalo Azul, repartirá en zonas desfavorecidas. 

En concreto, o festival ourensano donará, en nombre dos espectadores do ciclo, 5 bombas de auga e 245.000 pastillas potabilizadoras. Cada bomba de auga ten a capacidade de abastecer a toda unha comunidade ou campamento de refuxiados, mentres que cunha soa pastilla pódense limpar entre 4 e 5 litros de auga. 

O ciclo Cine e Auga, unha das novidades que trae a 24ª edición do OUFF, aspira a converterse nunha das seccións fixas do certame co obxectivo de potenciar unha das  principais riquezas da provincia de Ourense: a auga. Esta primeira edición inclúe cinco importantes longametraxes que presentan unha trama central que xira en torno ao elemento. Son: 

As películas proxectaranse nos cinemas do centro comercial Ponte Vella ao prezo de 4 euros cada entrada. Tamén é posible velas co bono para 10 proxeccións que custará 30 euros. Os asistentes recibirán, antes da proxección, unha tarxeta con toda a información sobre a acción solidaria á que contribúen.

Segundo UNICEF, 785 millóns de persoas no mundo non teñen acceso a auga potable. O ano pasado, a organización facilitou este acceso a uns 62 millóns de nenos e as súas familias.