LQSA- Premio OUFF

É un dos fenómenos televisivos máis exitosos e de longa vida. A serie “La que se avecina” celebrará este ano a súa 13ª tempada en Telecinco con moitas novidades. Creada polos irmáns Alberto Caballero e Laura Caballero e por Daniel Deorador, é unha comedia dirixida a un público, especialmente xuvenil e adulto, caracterizada por ironizar con humor as relacións de convivencia entre veciños dunha comunidade a través de historias e situacións surrealistas que lles pasan aos seus protagonistas.

Nesta nova etapa, sen perder a esencia que engancha a millóns de seguidores, ‘LQSA’ introducirá novos cambios. Despois de despedirse do mítico bloque de ‘Mirador de Montepinar’, os veciños instalaranse “nun novo edificio” onde vivirán con novos personaxes.

‘LQSA’ é unha produción de Mediaset España en colaboración con Contubernio Films, distribuída polo grupo Mediterráneo Mediaset España. No marco da 25 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, recibirá o premio OUFF-Televisión e verase en primicia o primeiro episodio da nova tempada, que fai o capítulo 155.