Premio Ourense Dani de la Torre
Nado en Monforte de Lemos, estuda Imaxe e Son en Ourense. No seus comenzos filmou diversas curtametraxes, como “Minas” (2004), “Lobos” (2004 – Premio do público no OUFF) e “Bos días” (2006). En 2010 dirixiu e co-escribiu a miniserie de dous episodios “Mar libre”, interpretada por Miguel de Lira, Luis Zahera e José Ángel Egido. En 2015 dirixiu a súa primeira longametraxe, “El desconocido”, cun guión de Alberto Marini e que contou coas interpretacións de Luis Tosar, Elvira Mínguez, Javier Gutiérrez e Goya Toledo, entre outros, e foi rodada na Coruña. O filme levou doce galardóns nos Premios Mestre Mateo 2015, incluídos mellor filme, mellor director e mellores actores e actrices protagonistas e secundarios. Ademais gañou dous Premios Goya (mellor montaxe e mellor son) e tivo oito candidaturas, incluída a de mellor director novel para Dani de la Torre.
En 2018 dirixiu a curtametraxe “Álex y Julia”, para Estrella Damm, con Michelle Jenner e Oriol Pla. Logo dirixiu o filme “La sombra de la ley”, con guión de Patxi Amezcua e protagonizada de novo por Luis Tosar, xunto con Michelle Jenner, Vicente Romero e Manolo Solo, entre outros. A película gañou tres Premios Goya (mellor fotografía, dirección artística e deseño de vestiario) e dez Premios Mestre Mateo, incluído o de mellor película e o segundo premio ó mellor director para de la Torre.
Para televisión rodou os seis episodios de “La unidad”, o fenómeno televisivo de Movistar+ que tamén creou xunto a Alberto Marini. De volta ao cine, Dani de la Torre está a rodar en localizacións de Ourense a súa nova película “Live is life”, baseado nun guión do escritor Albert Espinosa e que conta con Atresmedia Cine na produción e Warner como distribuidora. A súa estrea está prevista para 2021.