A metade da vida
RAÚL VEIGA | Galicia | 1994 (nueva versión, 2019) | Drama
Horario: 20:30h |
Lugar: Teatro Principal

Ficha técnica
Director: Raúl Veiga
Guión: Raúl Veiga inspirándose, para a última parte da historia, nun conto de X.L. Méndez Ferrín
Fotografía: Juan Carlos Gómez
Música: Antonio R. Ferreiro, Bernardo Martínez
Montaxe: Luis del Pino
Intérpretes: Alfonso Agra, María Bouzas, Evaristo Calvo, Mela Casal, Ernesto Chao, Fernando Dacosta, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Santi Prego
Duración: 78 minutos
Produtor: Fernando de la Fuente
Produción: Fenda Films
SINOPSE
Historia dun triángulo amoroso entre un músico chamado H. Eire, un amigo del e a compañeira deste último. Adaptacion libre dun conto de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Sobre el director
Raúl Veiga (Santiago de Compostela, 1956)
Director e guionista de cinema. Deuse a coñecer escribindo o célebre vídeo “Veneno puro” (1984, gañador de varios premios internacionais) e pasou á pantalla grande co guión da longametraxe “Continental” (1989). Fixo de axudante de dirección en 1990-1991 e dedicouse xa en exclusiva a dirixir os seus propios guións a partir de “A metade da vida” (1994), única longametraxe rodada en galego e con actores galegos nos papeis protagonistas durante os anos 90. “Arde amor” (que inaugurou o OUFF en 1999) foi a súa segunda longametraxe e mereceu múltiples premios, dous deles en festivais dos USA. Tamén ten practicado a crítica cinematográfica, a análise de filmes –da que resultou o libro “Esta noite no cinema”, 2005, finalista do premio de ensaio da AELGA– e foi membro do xurado en varios festivais internacionais. O documental “El médico atento” (2014) é a súa última longametraxe. Tamén escribiu e dirixiu a curtametraxe “El médico seriamente enfermo” (2014). Como guionista, o seu traballo máis recente é o telefilme “Contou Rosalía” (estreado en 2018), baseado na obra e na vida de Rosalía de Castro.