Conversas e petiscos de Pato
PLÁCIDO ROMERO | Galicia-España | 2020 | Documental
Horario: 17:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Ficha técnica
Director: Plácido Romero Bernardo
Guión: Plácido R. Bernardo
Música: Zeca Afonso, Electrochoque
Fotografía: M. Romero
Montaxe: Mariana Romero e Plácido Romero
Intérpretes: Andrés Rodríguez, Carlos Hervella, Sergio García Caneda, María Victoria Gómez, Gerardo Gómez, Luis Aurelio Gómez, José Ramón González Sola, Francisco Luis Dasairas, Xan Álvarez López
Duración: 35 min.
Produtora: Mariana Romero
Produción: Producións Quenlouch
SINOPSE
Achegamento á insólita figura de Enrique Gómez Pato, escritor, periodista, dramaturgo e humorista e a súa intensa actividade nos escuros anos de mediados do século pasado. O seu arriscado compromiso cos máis desfavorecidos convérteo nun personaxe imprescindible na memoria colectiva da vila de Verín, actualmente en perigo de extinción.
Sobre el director
Plácido Romero (Verín, 1952)
Profesor de historia de ensino medio, usuario e investigador dos medios audiovisuais como recurso didáctico nas Ciencias Sociais. A súa formación complétase en talleres impartidos por Victor Erice ou José Luís Guerín. Entra en Arraianos Producións e colabora activamente na realización de documentais como “100% CEF”, Premio Mestre Mateo 2012, e “Sísifo Confuso”, entre outros. Como director realiza documentais que teñen como tema de fondo a situación rural galega como “Cesteando” (2016), “Fronteiras de Enerxía Animal” (2017) ou “O Tempo na Luparia” (2018), todos eles recoñecidos con varios premios.