Horario: 19:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella

Ficha técnica
Director: Filippo Meneghetti
Guión: F. Meneghetti, Malysone Bovorasmy, Florence Vignon
Música: Michele Menini
Fotografía: Aurélien Marra
Montaxe: Julia Maby, Ronan Tronchot
Intérpretes: Barbara Sukowa, Martine Chevallier, Léa Drucker, Jérôme Varanfrain, Daniel Trubert, Hervé Sogne
Duración: 95 min.
Produtores: Laurent Baujard, Pierre-Emmanuel Fleurantin
Produción: Paprika Films, Artemis Productions
Distribución en España: Karma Films
SINOPSE
Nina e Madeleine son dúas mulleres xubiladas que levan décadas secretamente namoradas. Dende o punto de vista dos demais, incluída a familia de Madeleine, son simplemente dúas veciñas que viven no último piso do seu edificio. Van e veñen entre os seus dous apartamentos, compartindo as tenras delicias da vida cotiá xuntas. Ata o día en que a súa relación dá un xiro por un evento inesperado.
Sobre el director

Filippo Meneghetti (Roma,1980)
Iniciou a súa carreira en Nova York traballando no teatro e no circuíto do cinema independente. De regreso a Italia licenciouse en dirección cinematográfica en Cinecittà e traballou como axudante de dirección en diversas producións. Colaborou con Stefano Bessoni na redacción da historia e o guión de “Imago Mortis” (2009), longametraxe protagonizada por Geraldine Chaplin. En 2008 dirixiu un documental sobre o mundo da construción para o sindicato CGIL Maistrac (premio Panorama Veneto no Festival de Cinema de Euganea no 2009). Dende 2011 vive e traballa en París. En 2012 dirixiu as curtametraxes “L’intruso” e “Undici”. “Deux” é o seu primeiro filme.
FILMOGRAFÍA
2019 Deux
2018 La bête
2012 Undici
2012 L’intruso
2009 Maistrac: lavorare in Cantiere