Horario: 17:00h |
Lugar: Teatro Principal
Horario: 22:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo

Ficha técnica
Director: Pablo Ces
Guión: Pablo Ces
Son: Diego Amigo
Fotografía: Víctor M. Vigo
Montaxe: Pablo Ces
Duración: 60 minutos
Produtor: Andrés Rozados
Produción: Ces Mediae Abella Creativa
SINOPSE
Peliqueiro. O gardián do Entroido. Laza converteuse nese entroido auténtico, que conserva a súa esencia e espírito real, respectando o legado dos ancestros que chaman do rito pagán do entroido ou antroido: dende as lupercais da Antiga Roma, pasando pola Idade Media en Galicia con influenzas de diferentes culturas e xeografías e folclores mundiais. Os peliqueiros son os protagonistas do entroido, sen dúbida. Pero tamén o é a bica, o xastré, a farrapada, as formigas, o reparto da cachucha, os folións, a morena e por suposto, e máis importante, quen fan que o Entroido permaneza e conserve a súa esencia.
Sobre el director
Pablo Ces Marco (Santiago, 1978)
Licenciado en Comunicación Audiovisual, especialidade en Multimedia e 3D (Universidade da Coruña, 2010). Vencellado ao sector multimedia e aos departamentos de creación na empresas en que traballou, nos seus comenzos no mundo do audiovisual foi axudante de produción en varios proxectos, operador de cámara e edición. Durante o 2011 foi produtor e realizador de vídeos corporativos e publicitarios por encargo da televisión 7 Canal Rías Baixas. Foi director e coguionista da longametraxe documental “As silenciadas”, premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental. Outros títulos da súa filmografía son: “Miracielo. Vida e morte de Manuel Ponte Pedreira”, “El eslabón perdido” ou “Causa 1021”.