Horario: 17:00h |
Lugar: Auditorio sala azul
Ficha técnica
Director: Xavier Bermúdez
Guión: X. Bermúdez
Música: Coché Villanueva
Fotografía: Alfonso Sanz Alduán
Montaxe: Javier Correa Harley
Intérpretes: Marta Larralde, Guillem Jiménez, Gary Piquer, Nerea Barros
Duración: 113 min.
Produtor: Luis Miguel F. Martínez
Produción: Xamalú Filmes y el Paso PC con la participación de Televisión de Galicia y Canal+ España.
SINOPSE
León e Olvido son irmáns xemelgos. León ten síndrome de Down. Dende que quedaron orfos, a súa irmá coida del. Cansa de pequenos traballos temporais e relacións mortais, Olvido soña cunha vida para si mesma, unha vida sen León. Pero ela non conta coa determinación de León de vivir con ela e acaparar a súas atencióna.
Sobre el director
Xavier Bermúdez (Ourense, 1951)
En 1973 trasládase a Madrid co propósito de adicarse profesionalmente ao cinema. En 1980 dirixe a súa primeira curtametraxe en formato profesional. En 1994 funda, xunto con Manane Rodríguez e Luís M. Fernández, a produtora Xamalú Filmes na Coruña. Dirixiu seis longametraxes de ficción e dúas longametraxes documentais para televisión, “Altas Capacidades” (2013) e “O soño de papá” (2018). Colaborou en distintos guións doutros directores, entre eles en “Migas de Pan”, (2016), de Manane Rodríguez, seleccionada para participar nos nomeamentos aos Premios Óscar e aos Globos de Ouro. En 2004 recibiu nos festivais internacionais de Karlovy Vary e Ourense o Premio ao Mellor Director. En 2004 en Toulouse e en 2014 en Calanda foille entregado o Premio ao Mellor Guión. En 2018 recibe a Calpurnia de Honra do Festival Internacional de Cine de Ourense.