Non me espera ninguén
AMANDA ORTEGA SUÁREZ | Galicia-España | 2020 | Comedia02202
Horario: 20:30h |
Lugar: Auditorio - Sala central
Ficha técnica
Directora: Amanda Ortega Suárez
Guión: Ángel de la Cruz, José Antonio Pastor Sáez
Música: Arturo Kress
Fotografía: Claudia Bombelli, Pablo Fontenla
Montaxe: Alejandro Sotelo
Intérpretes: Antonio Durán “Morris”, Isabel Blanco, Estíbaliz Veiga
Duración: 21 min.
Produtor: José Montero Martínez
Produción: Ensenada de Ézaro Films
SINOPSE
Pepe é o xefe do apeadoiro de Os Peares, unha pequeña vila galega da provincia de Ourense. É un home bastante solitario e taciturno que dedicou a súa vida aos ferrocarrís. Un día coñece a Helena, unha pintora bohemia e romántica de vacacións no lugar e que todos os xoves toma un tren para ir á cidade. Pepe namórase dela pero pásanselle os días —e os trens— sen que se atreva a dicirlle nada. Cando parece que definitivamente vai vencer a súa timidez, Helena non volve a aparecer por alí.
Sobre el director
Amanda Ortega Suárez (Madrid, 1989)
Aínda que naceu en Madrid, está vinculada profesionalmente a Galicia dende o 2013. É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Comunicación e Humanidades da Universidade Europea de Madrid. Entre os seus principais traballos destacan “La isla del héroe” (2018) no apartado de produción, “Aceitunas La Extremeña” (2018) como fotógrafa; “Memorias de un hombre en pijama”, como foto-fixa (rodaxe imaxe real) e fotos prensa para TVE e a película para televisión “Todos los Santos” (2013), como axudante de cámara. A curtametraxe “Non me espera ninguén” (2020) é a súa primeira película como directora.
- 2020 Non me espera ninguén
- 2018 Memorias de un hombre en pijama (foto-fixa/foto fija/)
- 2013 Todos los santos (TV-axudante de cámara/ayudante de cámara)