Horario: 19:30h |
Lugar: Auditorio sala azul
Ficha técnica
Director: Xavier Bermúdez
Guión: Xavier Bermúdez
Música: Coché Villanueva
Fotografía: Jaime Pérez
Montaxe: Sarayd Ramil
Intérpretes: Marta Larralde, Guillen Jiménez, Monti Castiñeiras, Rosa Alvarez, Sonia Méndez
Duración: 107 min.
Produtores: Manane Rodríguez y Oscar del Caz.
Produción: Xamalú Films, Digiral Cine Media y Televisión de Galicia.
SINOPSE
Despois de quince anos, Olvido aceptou que o seu mal non é seu irmán xemelgo, León, que ten síndrome de Down. Podería abandonalo, pero aceptou que o seu mal son poderes que descoñece e non identifica ben, pero que sente que hai. Poderes que tecen como unha araña, unha prisión de insatisfacción social e persoal.
Sobre el director
Xavier Bermúdez (Ourense, 1951)
En 1973 trasládase a Madrid co propósito de dedicarse profesionalmente ao cinema. En 1980 dirixe a súa primeira curtametraxe en formato profesional. En 1994 funda, xunto con Manane Rodríguez e Luís M. Fernández, a produtora Xamalú Filmes na Coruña. Dirixiu seis longametraxes de ficción, dúas longametraxes documentais para televisión, “Altas Capacidades” (2013) e “O soño de papá” (2018). E colaborou en distintos guións doutros directores, entre eles en “Migas de Pan”, (2016), de Manane Rodríguez, seleccionada para participar nos nomeamentos aos Premios Óscar e aos Globos de Ouro. En 2004 recibiu nos festivais internacionais de Karlovy Vary e Ourense o Premio ao Mellor Director. En 2004 en Toulouse e en 2014 en Calanda foille entregado o Premio ao Mellor Guión. En 2018 recibe o Premio de Honra do Festival Internacional de Cinema de Ourense.
- 2020 Olvido y León
- 2013 O Ouro do tempo
- 2008 Rafael
- 2004 León y Olvido
- 1997 Nena
- 1992 Luz negra