-
O público de Sección Oficial está a participar nun 90% nas votacións
-
Non houbo ningún incidente e os asistentes están cumprir coas medidas de seguridade tanto na venda de entradas como no interior das salas
Trala primeira rolda de proxeccións de tódalas películas que forman parte da Sección Oficial do 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense, a organización quere agradecer ao público ourensán non só a súa alta asistencia ás salas, un ano máis, senón a súa disciplina e colaboración á hora de cumprir coas normas sanitarias.
Os datos de público están sendo moi bos agotándose as entradas en 6 das proxeccións de Sección Oficial que se celebran nos Galicine do Centro Comercial Ponte Vella. “Sabemos que o cambio na venda de entradas é algo latoso e que hai veces que a xente chega e xa non quedan entradas dispoñibles para o que quere ver polo que agradecemos enormemente a súa comprensión”, afirman dende a organización.
A isto hai que engadir que o público está votando de forma masiva. En torno ao 90% dos asistentes están a participar na valoración das películas, que servirá para entregar o Premio do Público.
Os ourensáns ten manifestado a satisfacción pola calidade dos filmes seleccionados na Sección Oficial (recordemos que son 10 filmes a competición que loitarán polas Calpurnias finais). Ademais, está a cumprir con tódalas normas, tanto no momento da compra das entradas como dentro das salas, onde é imprescindible o uso das mascarillas e ocupar só o asento que lle foi previamente asignado.
Aproveitamos para lembrar que o despacho de billetes situado no centro comercial abre ás 16.00 horas e, dende esa hora, pódense mercar as entradas para calquera dos pases do día. Soamente se venden dúas entradas por persoa e é necesario pagar en efectivo. Agardamos que o nivel se manteña para os días que restan e que poidamos seguir disfrutando dun 25 OUFF seguro.