-
A sección oficial de curtametraxes do Ourense Film Festival conta este ano como novidade cunha categoría de documental ademáis de ficción.
-
As proxeccións comezarán en tres bloques e diferentes sesións dende o este sábado 25 ata o xoves 30 de setembro no Cineclube Padre Feijoo.
Ourense, 23 de setembro– 15 pezas audiovisuais conforman a selección final do OUFF en Curto: 10 na categoría ficción e 5 na de documental. O público ourensán poderá gozar dunha nova edición da sección oficial de curtametraxes dentro da progamación do Ourense Film Festival (OUFF) prevista para a vindeira semana.
A 26 edición do Festival Internacional de Ourense aposta novamente pola produción audiovisual de calidade cunha selección de curtas que poderán verse no Cineclube Padre Feijóo de balde e en pantalla grande. Na selección inicial ten cabida tanto autores noveles como autores con amplia experiencia seguindo a idea fundamental da organización de dar voz e espazo a todo tipo de perfís.
Agrupadas en tres bloques, as pezas cun máximo de duración de 29´ e un mínimo de 4´ afrontan diferentes temáticas sociais tanto en formato documental como ficción. Dende a organización destacan a alta participación deste ano, superior á pasada edición, e destacan, por tanto, a dificultade para conformar a selección final de tan só 15 filmes. As proxeccións comezarán este sábado 25 ata o xoves 30 de setembro.
Bloque 1: Cineris, Sergio da Veiga (documental), O son da balea, Dores (documental), What a circus.
Bloque 2: Xoves de comadres, Canibalismo, Os corpos (documental), Quemados, Mulher como Árvore (documental).
Bloque 3: O que queda de nós, The death: el Reencuentro (documental), Cabelo, Rakel, Versos Post Mortem.
As curtas proxectaranse en tres bloques en tres sesións no Cineclube Padre Feijóo. Os interesados poden consultar os horarios de proxeccióne a sinopse dos filmes en OUFF En Curto.
Constituido o xurado de curtas, formada por tres profesionais do audiovisual con ampla experiencia coma é o caso de Araceli Gonda, Alba Gallego e Alba Prol, elas serán as encargadas de otorgar os premios (de 1000 €) para a obra ganadora nas dúas categorías: ficción e documental (novidade este ano). O Premio do Público contará cunha cuantía de 300 €.
Araceli Gonda (Gondomar, 1976) é a presidenta do xurado. Guionista e xornalista traballou unha ducia de anos na redacción de Deportes de TVG, ata que decidiu escribir ficción. Participou en Cuñados, filme que se pode ver no ciclo de Cine Familiar do OUFF e 18 comidas de Jorge Coira, en series como Luci e Padre Casares (TVG), nas dúas temporadas de Hierro (Movistar+ e Arte France).
Alba Gallego é script e montadora. Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou o Máster en Producción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña. En 2020 gañou o Premio María Luz Morales ao Mellor videoensaio sobre audiovisual galego con O vídeo esquecido.
Alba Prol, CEO de Meteórica Cine, es productora, presentadora e realizadora. Licenciada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, máster Media Practice and Culture especializado en Documental (University of the West of England, UK), participou en diferentes produccións de cine e televisión.