A sección oficial de curtametraxes do Ourense Film Festival conta este ano como novidade cunha categoría de documental ademáis de ficción. As proxeccións comezarán en tres bloques e diferentes sesións dende o este sábado 25  ata o xoves 30 de setembro no Cineclube Padre Feijoo.   Ourense, 23 de setembro–  15 pezas audiovisuais conforman a […]

Iván Trujillo será o presidente do xurado da Sección Oficial Paula Cons, Manane Rodríguez, Carlos Amaral e Patricia Roda completan o grupo que xulgará ás 10 películas en competición O OUFF en Curto conta cun xurado formado por tres mulleres   Ourense, 23 de setembro – A 26 edición do Ourense Film Festival (OUFF) contará […]

O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer lugares nos que se rodaron diversas películas na provincia de Ourense Haberá tres rutas durante a celebración do OUFF   Ourense, 22 de setembro – “Viaxes de cine por Ourense” é unha iniciativa ligada ó OUFF (Ourense Film Festival), xurdida no ano 2019 e que conta coa […]

Proxectaranse 71 obras audiovisuais e haberá un total de 16 estreas, 10 delas a nivel mundial A Sección Oficial inclúe títulos de primeiro nivel e que veñen de ser premiados en festivais como Venecia, a Berlinale e Cannes Manuel Baltar: “O Ourense Film Festival é unha homenaxe a todos os que fixeron da cidade e […]

Protagonizada por Xulio Abonjo e Melania Cruz, rodouse en diferentes escenarios da provincia de Ourense Ourense, 20 de setembro – Malencolía é a película escollida para inaugurar a 26 edición do OUFF (Ourense Film Festival). A estrea mundial deste filme durante a gala de inauguración do festival dará arranque a 10 días de cine nos […]

O madrileño, gañador dun Goya, é un dos intérpretes con maior traxectoria e recoñecemento dentro do audiovisual español Trala entrega do premio estrearase o primeiro capítulo de ‘Entrevías’, nova serie de Mediaset España da que é protagonista e que está actualmente en rodaxe Será o terceiro galardoado en recibir este premio, despois da actriz galega […]

No ciclo de Cine Familiar poderán verse dúas películas: Cuñados e Earwig y la bruja As invitacións repartiranse coas compras que se fagan nos establecementos do Centro Comercial Aberto Ourense, 17 de setembro – O Centro Comercial Aberto Ourense Centro xunto co OUFF (Ourense Film Festival) organizan, novamente, o ciclo de Cine Familiar durante a […]

A mostra fai un percorrido pola historia das diferentes producións cinematográficas que se rodaron na provincia de Ourense Poderá visitarse ata o vindeiro 26 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel Ourense, 16 de setembro – O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, aproveitou o acto para invitar ao mundo audiovisual “a rodar as […]

Ourense, 15 de setembro -. O xurado desta nova edición do OUFF Escola reuniuse a pasada mañá para falar e decidir cales son os premiados deste certame que busca impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, […]

A intérprete foi a musa do recoñecido director Manoel de Oliveira A organización outorgalle o premio pola súa longa e acreditada traxectoria a prol do cinema portugués no mundo, tanto desde as pantallas como desde a xestión pública Ourense,15 de setembro – O Ourense Film Festival (OUFF) entregará a Calpurnia de Honra Internacional á actriz […]

A veterana intérprete participou en máis de cincuenta montaxes teatrais ademais de en varias series televisivas, películas e curtametraxes ao longo da súa carreira “Este recoñecemento significa moito para min por un traballo que amo e que move a miña vida” afirmou a actriz ferrolá Ourense, 9 de setembro – A nova edición do Ourense […]

O concurso para rodar unha curta en Ourense pecha prazo de inscrición o próximo 12 de setembro Os participantes contarán cun presuposto de 500 euros para gastos da produción O domingo día 12 remata o prazo para inscribirse nunha nova edición de Fas Muvis. Trátase do concurso por equipos que teñen como obxectivo rodar unha […]

Manuel Baltar destacou “o seu loable labor de anos vinculado á industria do cinema e como gardián dunha gran parte do cine español” O galardón entregarase nunha gala na que se proxectará Cotolay, filme conservado pola súa distribuidora e rodado na provincia de Ourense O produtor Enrique Cerezo recibirá o Premio Historia do Cine Español […]

O cineasta é unha das figuras máis célebres do audiovisual español Adaptou ao cine A esmorga do escritor ourensán Eduardo Blanco Amor en 1977 e tamén aos escritores galegos Valle-Inclán e Emilia Pardo Bazán La Regenta, Remando al viento ou El portero son algunhas das súas obras máis recoñecidas O director, guionista e escritor Gonzalo […]

O galardón, que se concederá por primeira vez este ano, recoñece o esforzo dos emprendedores do audiovisual galego A produtora e profesora Beli Martínez recibirá o premio Chano Piñeiro na próxima edición do Ourense Film Festival (OUFF). Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, organizadora do certame co apoio principal da  Deputación de Ourense, foi […]

O ourensán é o director xeral da produtora galega Portocabo O produtor ourensán Alfonso Blanco recibirá o Premio Ourense da 26 edición do Ourense Film Festival. O domingo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicoulle persoalmente a Alfonso Blanco a decisión da organización de outorgarlle o Premio Ourense, e resaltou “a súa traxectoria […]

Recibirá en Ourense a máxima distinción anual que concede a Fundación Carlos Velo A 26ª edición do Ourense Film Festival, a celebrar do próximo 24 de setembro ao 2 de outubro, organizada pola Fundación Carlos Velo coa colaboración principal da Deputación de Ourense, continúa a súa progresión co anuncio por parte da organización da aceptación […]

O cartel da Sección Oficial, que aparecerá tamén nos programas, é obra do debuxante ourensán David Rubín O autor asinará 50 exemplares que se venderán a beneficio dunha ONG O Festival de Cine de Ourense, que terá lugar entre o 24 de setembro e o 2 de outubro de 2021, xa ten imaxe oficial para […]

Os interesados en participar poden inscribirse ata o 12 de setembro Seleccionaranse seis equipos aos que se lles dará un orzamento de 500 euros O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) volverá acoller en setembro unha nova edición do concurso Fas Muvis. Trátase da cuarta ocasión na que se celebrará este certame, que busca […]

O deseño, que aposta pola técnica do collage, está feito pola deseñadora Nuria Grandío O prazo para inscribir as curtas a concurso remata o 15 de xullo O OUFF en Curto volverá a brillar coas mellores curtametraxes galegas na 26ª edición do OUFF (Ourense Film Festival), que se celebrará entre o 24 de setembro e […]

O Ciclo Xacobeo traerá ata Ourense as mellores películas relacionadas co Camiño de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia A 26ª edición do Ourense Film Festival, que terá lugar entre o 24 do setembro e o 2 de outubro, súmase aos actos culturais do Xacobeo 2021 ofrecendo unha selección das mellores películas filmadas sobre […]

O concurso, destinado a centros de ensino non universitarios, está convocado pola Concellería de Educación do Concello de Ourense O prazo de inscrición remata o vindeiro 5 de xullo A 26ª Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) acollerá unha nova edición do OUFF Escola no próximo mes de setembro. O certame escolar acada este […]

Manuel Baltar e Carmen Leyte asinaron o protocolo de colaboración para a organización da 26ª edición do OUFF, que se celebrará do 24 de setembro ao 2 de outubro   O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación “Carlos Velo”, Carmen Leyte, asinaron o convenio de colaboración que ámbalas dúas […]

O director recolleu o último premio da súa carreira de forma presencial no noso festival Con motivo da celebración do Ano Berlanga, o OUFF acollerá unha exposición e proxectará unha película do cineasta valenciano O Festival Internacional de Cine de Ourense homenaxeará ao director e guionista Luis García Berlanga (València, 1921 – Madrid, 2010) no […]

A convocatoria seleccionará seis traballos e desenvolverá un encontro durante o transcurso da 26 edición do Ourense Film Festival, no vindeiro setembro. A TV UNAM, a televisión da Universidade Autónoma de México, poñía en marcha o pasado ano o Obradoiro Carlos Velo de axuda á posprodución de longametraxes documentais. A iniciativa tiña como un dos […]

A organización concédelle este galardón pola súa importante contribución ao mundo do cinema O músico coruñés recibirá o seu galardón durante a 26 edición do OUFF, a celebrar do 24 de setembro ao 2 de outubro O compositor Sergio Moure de Oteyza (A Coruña, 1969) recibirá o Premio Especial da 26 edición do Festival de […]

Os curtametraxistas interesados en participar poderán enviar as súas pezas ata o 15 de xullo Nesta nova edición haberá dúas categorías diferenciadas que optan a premio: Ficción e Documental   O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que se celebrará entre o 24 de setembro e o 2 de outubro de 2021, abre o […]

O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de xullo Repartiranse preto de 40.000 euros e nove galardóns O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) acaba de abrir o prazo de inscrición para a súa 26 edición. O certame galego, que se celebrará entre o 24 de setembro e o 2 de outubro de […]

  O prestixioso historietista asume o reto de darlle imaxe á nova edición do festival ourensán A Fundación Carlos Velo segue a traballar para dar a coñecer os primeiros pasos do festival de cine senlleiro de Galicia   A organización do Festival de Cine de Ourense (OUFF) está traballando arreo para sacar adiante a 26 […]

Un total de 16 títulos que formaron parte da 24 e da 25 edición do Festival de Cinema de Ourense – OUFF están nas candidaturas para os Premios Goya 2021, os galardóns máis importantes do cinema español. Os nomeados definitivos daranse a coñecer o vindeiro luns, 11 de xaneiro na sede da Academia de Cinema. […]

“Auria Última Noite” de Dani Cornes e Ariadna Cordal faise co primeiro premio O segundo posto é para “A Gran Pantalla” de Miguel Gómez Abad Os galardóns entregaranse nunha gala cando a situación sanitaria de Ourense así o permita Fas Muvis, o concurso para rodar unha peza en 48 horas xa coñece aos seus gañadores. […]

“O que arde” e “La trinchera infinita” formaron parte da Sección Oficial da pasada edición do OUFF A película de Oliver Laxe fíxose con dous premios, o Premio Especial do Xurado e o Premio Galicia “La trinchera infinita” foi o filme de clausura da 24 edición   Esta mañá déronse a coñecer as tres películas […]

Baltar destacou que o OUFF “situou a Ourense como centro de referencia do audiovisual, e como auténtico plató de Galicia.” O presidente da Deputación de Ourense e os coordinadores técnico e artístico do Festival fixeron balance desta edición do Ourense Film Festival, na que destacou o compromiso dos ourensáns co cinema a pesar da situación […]

  Na gala estreouse a curta “Non me espera ninguén”, rodada en Os Peares e Ourense e un adianto de “Luarada” O ourensán Toño López presentou un avance da rodaxe de “Cuñados”, que chegará aos cines nos primeros meses do 2021 Momento emotivo na entrega do Premio AISGE a toda unha vida a Rosa Álvarez […]

  Ángel de la Cruz presentou o filme que servirá de clausura do Festival de Cine de Ourense No primeiro traballo como directora de Amanda Ortega, Ourense xoga un papel moi importante   A curtametraxe “No me espera ninguén”, primer traballo como directora de Amanda Ortega, estréase na gala de clausura do 25 aniversario do […]

“Deux” eríxese como triunfadora coa Calpurnia á Mellor Película e a Mellor Interpretación para Bárbara Sukowa Paula Palacios recibe o Premio CIMA á Mellor Cineasta da Sección Oficial e unha Mención Especial do Xurado por “Cartas Mojadas” ademais do Premio do Público A directora de cine Inés París, presidenta do xurado da Sección Oficial da […]

Os directores e creadores da serie, Alberto e Laura Caballero, enviaron un agradecemento en vídeo en nome de todo o equipo da ficción  O acto complétase coa estrea en exclusiva do primeiro capítulo da temporada número doce A serie “La que se avecina” foi galardoada co Premio OUFF Televisión no 25 aniversario do Festival de […]

Trátase dunha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual dirixida a docentes para fomentar o uso de curtametraxes galegas na educación en valores O director da Academia, Miguel Mariño, destacou que Fiestra.gal cubre un baleiro que existía en plataformas estatais e autonómicas similares onde era practicamente nula a presenza de pezas audiovisuais en galego O proxecto […]

Na gala de clausura poderá verse un adianto de 37 minutos montado específicamente para o aniversario do festival de cine O proxecto, apoiado pola Deputación de Ourense, estrearase en 2022 pero no 25 aniversario do OUFF poderemos ver un avance Oscar Doviso regresa ao festival esta vez coa película de clausura tras estrear a curta […]

  “To the sea” de Julian Grünthal faise co primeiro premio mentres que  “La penumbra” de Daniel Viqueira acada o segundo posto e o premio do público   Miguel Grandío, coordinador do OUFF en Curto, xunto co presidente do xurado, Simone Saibene, anunciaron esta mañá os filmes gañadores da sección no 25 Festival de Cine […]

Trátase dun documental gravado en Super 8 que se estrea a nivel mundial no Festival de Cine de Ourense É ademais a primeira incursión de Ignacio Benedeti como director, guionista e cámara no terreo das longametraxes cinematográficas Gravado en Super 8 e estrea mundial. “Spitsbergen, o Gardián do Ártico”, poderá verse esta noite, dentro das […]

A comisión mixta formada pola organización do 25 Ourense Film Festival, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia destaca o “talento, tesón e profesionalidade da súa autores, valores nos que se ven representadas todas as mulleres do audiovisual galego que loitan por ocupar un lugar destacado no panorama nacional e internacional” Manuel Baltar […]

“Hai moitos documentais sobre o lugar pero non reflicten a parte da decadencia, que é a menos coñecida e nós recollemos todo. Para min é fundamental responder á pregunta de que pasou” afirmou o director O documental ten hoxe a súa última proxección ás 22 horas no Cineclube Padre Feijóo “Nación de muchachos: utopía o […]

Queres ver a gala de clausura en directo? Repetimos experiencia en streaming como xa fixemos na gala inaugural onde se viviron grandes momentos que agora podes revivir de novo. Tamén a podes seguir en Youtube aquí. Se a perdiches, recupera aquí a gala de inauguración con Ledicia Sola. Pódela ver en Youtube aquí

O acto, ao que asistiron representantes dos concellos nos que rodou o cineasta na provincia, consistiu no descubremento dunha placa “neste Ourense que enseñou ao mundo a través da gran pantalla”, así o destacou Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense Elena Cuerda lembrou o “apego” que seu pai demostrou polo Festival de cine de […]

A directora asistiu onte á presentación no Ponte Vella, onde se celebrou un interesante coloquio co público ourensán “A historia ten unha narración progresiva que vai de mal en peor, é dura, pero quería que fose así para que o espectador vise a realidade” afirmou O cine como ferramenta de denuncia social. Paula Palacios presentou […]

Poderán verse en Ourense filmes como La boda de Rosa, La verdad ou La profesora de Piano Por tercer ano consecutivo, OUFF en curto proxectará 15 curtametraxes a competición Proxeccións que non chegaron a Ourense, curtametraxes coma expresión do audiovisual galego. O 25 aniversario do Festival de Cine en Ourense non esquece a súa aposta […]

O público de Sección Oficial está a participar nun 90% nas votacións Non houbo ningún incidente e os asistentes están cumprir coas medidas de seguridade tanto na venda de entradas como no interior das salas Trala primeira rolda de proxeccións de tódalas películas que forman parte da Sección Oficial do 25 aniversario do Festival de […]

Un xurado, maioritariamente feminino, visionará as dez películas a competición Os demais membros son Marta Blasco, Eva Gancedo e Carlos Blanco En curtas, Simone Saibane, Jose Aragunde e Aida Cobas asumen o reto  O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial cos membros do xurado de longametraxes e curtas da […]

“Manoliño Nguema” acaba de recibir o Premio ao Mellor Documental no Festival de Cine y Televisión Reino de León O documental forma parte da selección de 13 pezas que se poderán ver nos vindeiros días dentro de Panorama Galicia “Manoliño Nguema” chega hoxe á cidade das Burgas dentro da programación do ciclo Panorama Galicia do […]

  Seis grupos percorreron a cidade gravando durante 48 horas Os gañadores coñeceranse o sábado, 3, na gala de clausura   Fas Muvis, o concurso do Festival de Cine de Ourense para rodar unha peza audiovisual na cidade nun prazo de 48 horas remata hoxe o prazo de rodaxe polas rúas e arredores da cidade. […]

O director Raúl Veiga presenta a versión remasterizada de “A metade da vida” que se estrena na 25 edición do Festival de Cine de Ourense “ Agora a película está na súa verdadeira forma”, afirmou A proxección terá lugar hoxe ás 20.30 horas no Teatro Principal   O director Raúl Veiga presentou  no Centro Cultural […]

Eduardo Galán presenta a monografía que escribiu sobre o cineasta “Eloy Lozano: o cineasta que devoru a luz! O OUFF proxecta no Teatro Principal a súa única longametraxe “Las Bellas Durmientes” A edición número 25 do Festival de Cine de Ourense homenaxeou esta mañá ao seu fundador e director do primeiro certame, Eloy Lozano. Un […]

Polo Menárguez recolleu o galardón esta tardiña no Teatro Principal “Este premio é gasolina e alimento para seguir contando historias” afirmou o director “El plan” está protagonizada por Antonio de la Torre, Raúl Arévalo e Chema del Barco   O director Polo Menárguez recibiu esta tarde no Teatro Principal o Premio Eduardo Barreiros pola súa […]

Historia do deporte, o ourensán Simón González chegou ao cume do kickboxing, gañando trece veces consecutivas o campionato do mundo. Hoxe loita por seguir adiante formando a novos campións a pesar da súa lesión medular. O documental “A nosotros tu reino”, nomeado a 10 premios Goya, chega ao Festival de Cine de Ourense nunha emotiva […]

Trátase do único filme galego que compite na Sección Oficial e que ven de ser presentado a semana pasada en San Sebastián É a primeira longametraxe que dirixe Cons, cunha ampla experiencia no mundo do audiovisual A directora coruñesa Paula Cons presentou hoxe en Ourense a súa película “La isla de las mentiras” acompañada da […]

  Desde o 27 de septiembre hasta el 2 de octubre, el OUFF proyectará cinco películas especialmente significativas en la filmografía del director de Rímini Este homenaje se suma al recuerdo a otras figuras destacadas del cine como José Luis Cuerda, Chano Piñeiro o Eloy Lozano     Cinco serán las películas del director Federico […]

A organización da 25 edición do Festival de cine de Ourense lamenta comunicar a cancelación dos concertos previstos esta fin de semana como actividades complementarias. Deste xeito, non terá lugar o concerto de Luar na Lubre previsto para o sábado, 26 setembro, ás 20.00 horas no Auditorio nin a homenaxe a Ennio Morricone a cargo da […]

A gala de inauguración, cun marcado selo ourensán e de compromiso coa cultura, foi escenario da entrega dos Premios Calpurnia 25 aniversario e Premio Ourense nun acto conducido por Ledicia Sola Xavier Bermúdez estrou o seu filme “Olvido y León” como punto e final dun proceso que tivo o seu xérmolo no propio OUFF O […]

  O cineasta quixo agradecer ao festival e a Deputación o seu apoio para sacar adiante o filme, que ten a súa estrea mundial no Festival de Cine de Ourense Por primeira vez na historia do festival, inaugura o festival unha peza rodada en Ourense: “Olvido y León”   “Olvido y León” de Xavier Bermúdez […]

Manuel Baltar asinou hoxe o acordo co actor José García, Calpurnia de Honra Internacional en 2019 Na vindeira edición do OUFF exhibirase un ciclo especial dedicado ao cinema francófono, ademais doutras colaboracións Os festivais de cine de Ourense e Angouleme (Francia) irmándase para levar a cabo iniciativas conxuntas no ámbito cinematográfico. Así o acordaron hoxe, […]

A actriz Ledicia Sola será a mestra de cerimonias dun acto no que se lle entregará o Premio Ourense a Dani de la Torre A Calpurnia Especial para Adolfo Domínguez será o punto máis emocionante Por primeira vez na historia do OUFF, haberá dúas pezas ourensás: “Olvido y León” e a presentación do proxecto da […]

Manuel Baltar visitou hoxe a mostra, que estará aberta ao público no centro cultural “Marcos Valcárcel” desde mañá xoves, ás 11.00 horas, e ata o 25 de outubro. O presidente da Deputación destaca “este percorrido polos momentos máis salientables da historia do certame cinematográfico máis antigo, de carácter internacional e competitivo, que se celebra en […]

O OUFF converterá a Ourense de novo na capital do cinema cunha Sección Oficial que inclúe estreas nacionais e mundiais como as de “Deux” e “Vivere” Por primeira vez na súa historia, o festival abrirá e pechará coa estrea mundial de dúas longametraxes rodadas e producidas na provincia de Ourense: “Olvido y León”, na gala […]

O primeiro capítulo da nova temporada estrearase no festival É a comedia máis lonxeva do prime time en España   A serie La que se avecina recibirá o Premio OUFF Televisión durante o 25 aniversario del Festival de Cine de Ourense por ser a comedia máis lonxeva da televisión en España e en recoñecemento aos […]

A peza, dirixida por Amanda Ortega, estrearase na gala de clausura do festival  Acompañará a película “Luarada” do ourensán Óscar Doviso o 3 de outubro A curtametraxe “No me espera ninguén”, dirixida por Amanda Ortega, estrearase na gala de clausura do Festival de Cine de Ourense. Trátase dunha comedia romántica protagonizada por Antonio Durán Morris […]

Xunto ao director do filme, Dani de la Torre, coñeceu os detalles deste traballo audiovisual “que será o gran éxito do cinema español en 2021, tendo como escenario perfecto para a historia o mosteiro de Rocas, o enclave máis visitado da Ribeira Sacra”, afirma Baltar  O presidente destaca o feito de que a película “vaia […]

Os carteis destas dúas seccións competitivas foron presentados e o presidente da Deputación de Ourense sinalou que ambas propostas “xa están consolidadas dentro da programación deste certame”. O OUFF en Curto é “unha mostra máis da aposta deste goberno provincial a prol do audiovisual galego que vén a reafirmar o noso compromiso con este sector”, […]

A actriz e directora teatral recibirá o galardón o 3 de outubro, durante a gala de clausura do OUFF, de mans de Isabel Blanco. A veterana e recoñecida actriz ourensá Rosa Álvarez será este ano a destinataria do Premio de Honra que concede a Fundación AISGE no marco do Festival Internacional de Cinema de Ourense […]

O autor da obra é Francisco Rozados, Rochi, amigo íntimo do cineasta. Trátase dunha biografía para conmemorar a vida e obra do pioneiro do cinema galego. Manuel Baltar dixo na presentación do libro, editado por Fervenza e coa colaboración da Deputación de Ourense, que é “unha honra esta homenaxe permanente a Piñeiro, unha das grandes […]

“Un xusto recoñecemento, que ten a súa razón de ser na gran vinculación que o cineasta tiña co festival e con Ourense”, afirma Manuel Baltar. O presidente da Deputación visitou en Cubilledo, acompañado de Elena Cuerda, filla do director, a casa “onde ficou e se fortaleceu a relación de Cuerda coa nosa provincia, ademais do […]

Grazas ao acordo ao que chegou o Festival de Cinema de Ourense con Renfe, poderase gozar de descontos de ata o 35% na viaxe en tren para asistir ao certame no seu 25 aniversario. O desconto ofrécese para trens con destino e saída de Ourense entre os días 25 de setembro e 3 de outubro. […]

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, xunto co coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, e o coordinador cultural, Aurelio presentaron a imaxe oficial. O cartel do 25 aniversario é obra do pintor Baldomero Moreiras.   O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polos coordinadores artístico e cultural do OUFF, […]

  O autor de “El desconocido” e “La unidad”, recibe este recoñecemento pola diversidade do seu audiovisual ao longo da súa traxectoria Actualmente, está rodando en diferentes localizacións de Lugo e Ourense a súa nova película “Live is life”    O director Dani de la Torre recibirá o Premio Ourense na 25 edición do OUFF […]

O modisto ourensán está moi vencellado ao mundo do cine Foi o produtor da primeira película que se proxectou na historia do OUFF   O Ourense Film Festival premiará ao modisto Adolfo Domínguez coa Calpurnia Especial 25 anos na vindeira edición do festival. Trátase dun recoñecemento moi merecido para o ourensán, que estudou Cine e […]

O certame tamén publicará unha monografía sobre o cineasta, que fundou o Festival de Cine de Ourense en 1996 e está considerado pioneiro do audiovisual galego. A edición número 25 do Ourense Film Festival (OUFF) rendirá homenaxe ao seu fundador e director do primeiro certame, Eloy Lozano, coa proxección da longametraxe “As belas dormentes” e […]

A 25ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF) da un paso máis coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, das bases dos concursos de longametraxe, curtas e Fas Muvis. Na reunión, celebrada esta mañá e presidida polo presidente do goberno provincial Manuel Baltar, deuse luz verde a estes […]

  Competirán seis equipos formados por un máximo de cinco persoas Cada un dos equipos contará cun presuposto de 500€   “Fas Muvis. Límite 48h” tamén estará presente na 25 edición do Festival de Cine de Ourense. Trátase da terceira edición deste concurso que busca promover a creación audiovisual entre os máis novos incentivando a […]

É a primeira longametraxe gravada e rematada en Super 8 con copias en 16 e 35 mm. “Spitsbergen, o Gardián do Ártico” do cineasta Ignacio Benedeti terá a súa estrea mundial no 25 Festival de Cine de Ourense. É a primeira longametraxe gravada e acabada en Super 8 con copias de exhibición de 16 e […]

A película de Raúl Veiga foi a única rodada en galega nos 90 A reestrea tamén quere servir de homenaxe a toda unha xeración de actores galegos que comezaban a súa carreira diante das cámaras A película “A metade da vida” do director Raúl Veiga presentarase con honras de estrea, na súa versión remasterizada na […]

Será a estrea mundial da nova película de Xavier Bermúdez A película comezara a rodarse en outubro do ano pasado coincidindo coa celebración do OUFF   A película do director ourensán Xavier Bermúdez “Olvido y León” erguerá o telón do 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense. Terá carácter de estrea a nivel mundial […]

Xa está aberto o prazo para a inscrición na Sección Oficial O Ourense Film Festival mantense nas datas anunciadas cando a clausura da pasada edición, entre o 25 de setembro e o 3 de outubro, cunha programación na que terá especial protagonismo a celebración do seu 25 aniversario, ademais da Sección Oficial competitiva e outras seccións paralelas que se […]

Dende o OUFF 2020 sumámonos a difusión da interesante iniciativa do Novo Cinema Galego de pór en aberto para a cidadanía os seus filmes. Unha fermosa maneira de espallar a singularidade creativa das nosos autores e autoras. Poderedes ver obras de autores como Alberte Pagán, Oliver Laxe, Xacio Baño, Xurxo Chirro e moitos máis. O […]

Premiará a mellor produción galega do festival con 12.000 euros Xa está aberto o prazo para a inscrición na Sección Oficial Aparece o Premio CIMA, concedido pola Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales  A edición a celebrar entre o 25 de setembro e o 3 de outubro próximos, terá un carácter especial no […]

  O OUFF foi o único festival que premiou o filme en España Fíxose con dous galardóns: a Calpurnia á Mellor Película e co Premio ao Mellor Guión   A película coreana “Parásitos” e o seu director Bong Joon-ho fixeron historia esta noite na 92 edición dos Óscar, os premios máis importantes de cine a […]

  O presidente da Deputación de Ourense e os coordinadores técnico e artístico do Festival fixeron balance desta edición do Ourense Film Festival, que conseguiu case duplicar a asistencia de público O 25 aniversario celebrarase do 25 de setembro ao 3 de outubro de 2020 Baltar destacou que o OUFF “situou a Ourense como centro […]

  Ledicia Sola e Paloma Lago presentaron a gala de clausura na que se entregaron os premios que forman o palmarés do OUFF 2019 Norberto López Amado recibiu o Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival La Trinchera Infinita pon o broche de ouro á 24 edición O Ourense Film […]

Jon Garaño, un dos directores do filme, e o actor Vicente Vergara presentan a película esta noite na gala de clausura   “La trinchera infinita”, unha das películas do ano, será o filme de clausura da 24 edición do Ourense Film Festival. A cinta, dirixida por Aitor Arregi, Jon Garaño e Jose Mari Goenaga, chega […]

O Entroido de Laza será protagonista do primeiro episodio O proxecto, producido por Ces Media e Abella Creativa, atópase en fase de postprodución   A serie documental “Entroidar” sobre os Entroidos galegos chegou esta mañá ao Ourense Film Festival. Trátase dun proxecto que neste momento está en  estado de “work in progress” e que foi […]

A actriz reconstrúe a súa identidade a través de obxectos, imaxes e palabras  O proxecto, dirixido polo escenógrafo José Luis Raymond, inclúe máis dunha decena de escenarios A actriz madrileña Nieve de Medina presentou no Ourense Film Festival (OUFF) o seu proxecto “Herencia”, unha instalación en que a intérprete reconstrúe a súa identidade e canto […]

Trátase dos volumes de Pilar Pereira, Dorotea Bárcena, Jorge Ricoy, José Antonio Jiménez e Vicente Montoto Isabel Blanco, patrono da Fundación, foi a encargada de realizar a presentación desta publicación dentro da sección “Letras de cine”  A 24ª edición do Ourense Film Festival (OUFF 2019) continúa co achegamento ao mundo editorial e das publicacións e […]

O seu director, Gaizka Urresti, quixo destacar neste traballo “o importante que Aute foi para moitos creadores deste país e para o público en xeral” A película verase no Teatro Principal a partir das 22:30 horas, con entrada gratuíta “Aute Retrato: la libertad de ser uno mismo”, documental que fai un repaso pola vida e […]

A actriz recibirá esta tarde o galardón nunha gala na que se proxectará por vez primeira “Elisa e Marcela” en galego e en cor A actriz Cristina Castaño recibe este xoves o Premio OUFF Televisión, galardón de nova creación no Ourense Film Festival, como recoñecemento á súa traxectoria na pequena pantalla. “Xa é bonito que […]

Juan  Echanove, Michelle Calvó, Maxi Iglesias e Elvira Mínguez protagonizan este drama policiaco que trata as desesperadas experiencias de quen vive a repentina desaparición dun ser querido O Ourense Film Festival (OUFF 2019) acolle hoxe xoves a presentación de ‘Desaparecidos. La serie’, unha das apostas de ficción de Telecinco para a próxima tempada. Juan Echanove […]

  O luns comezará a rodaxe da continuación da película “León y Olvido”, de 2004, no Balneario de Laias “Este filme é fillo da 23 edición do OUFF”, afirmou Manuel Baltar   O Balneario de Laias Caldaria será a partir do luns un dos primeiros escenarios que sirvan de plató para a rodaxe da película […]

A actriz Mariana Carballal, acompañada por Nacho Castaño, Paula Pier e Alberto Medeiros, impartirá os talleres dentro do Proxecto Orballo A iniciativa busca que os alumnos consuman audiovisual “afastados de estereotipos de xénero” Os talleres terán lugar este xoves e venres en institutos ourensáns  A actriz Mariana Carballal imparte este xoves e venres en institutos […]

O guionista e director de “O que arde” clausura este martes o taller formativo no que desvelou os detalles do proceso creativo da súa película As entradas para o primeiro pase da longametraxe, que compite na Sección Oficial do OUFF,  esgotáronse en menos de media hora Oliver Laxe, guionista e director de “O que arde”, […]

O intérprete recibe esta noite a Calpurnia de Honra Internacional nunha gala presentada por Sergio Pazos O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregará o galardón antes da proxección de Arcadia O actor francés de orixe galega José García recibe este martes a Calpurnia de Honra Internacional da 24ª edición del Ourense Film Festival […]

A Fundación Fernández Flórez edita esta revista que busca poñer en valor a figura e o legado do escritor Wenceslao Fernández Flórez A publicación incorpora o guión íntegro da película rodada en 1931, e da que só se conservan 7 minutos O Ourense Filme Festival (OUFF) foi o escenario elixido para presentar o segundo volume […]

A gala de premios reuniu a tódolos gañadores esta mañá no Auditorio   A décima edición do certame de Cine OUFF Escola levou o cinema a máis de 2.000 alumnos de centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia que presentaron os seus traballos. A nova convocatoria encádrase dentro da 24ª edición do Festival de […]