1. A PROPOSTA

Creación dun concurso por equipos para a realización dunha peza audiovisual cunha duración determinada durante un tempo limitado. Cada equipo terá un orzamento pechado para a realización da obra.

 

2. OS EQUIPOS

  • A inscrición será por equipos existindo dúas categorías: FAS MUVIS e FAS MUVIS ESCOLAS.
  • Haberá un máximo de 10 equipos competindo: sete na categoría xeral e tres na categoría escolas.
  • XERAL: Cada equipo estará formado por un máximo de 5 membros que non poderán ser maiores de 28 anos.
  • ESCOLAS: Cada equipo estará formado por un máximo de 5 membros de entre 16 e 22 anos. Orientado a alumnos de Bacharelato e FP. Nesta categoría serán necesarios dous maiores de idade por equipo ou un docente responsable.
  • Os equipos deberán aportar un documento co CV breve de cada integrante, unha proposta de idea e unha sinopse. Todo isto non deberá superar as 3 páxinas.
  • A organización fará a selección dos equipos concursantes atendendo ao CV dos membros, á calidade do proxecto e a adaptación ás bases do relato proposto.
  • Cada equipo seleccionado será o responsable de conseguir o material técnico que considere necesario para o desenvolvemento do seu proxecto.

 

3. DURACIÓN DO CONCURSO

  • A data límite de entrega de propostas será o 17 de setembro e a lista de seleccionados farase pública o 18 do mesmo mes.
  • Os equipos en competición deberán presentarse o día 27 de setembro ás 17h no Centro Cultural Márcos Valcárcel da Deputación de Ourense para proceder á entrega de credenciais e á explicación detallada das bases do Concurso.
  • O tempo de preprodución comezará dende o momento en que se nomean os equipos seleccionados.
  • Haberá 48 horas para a gravación, dende o venres 27 de setembro ás 20h, ata o domingo 29 de setembro ás 20h.
  • Os equipos contarán con tres días para a montaxe, que serán dende o domingo 29 de setembro ata o mércores 2 de outubro ás 20h.
  • A obra definitiva terá que estar subida antes das 23.59h. do xoves día 3 de outubro á plataforma que a organización teña indicado.

 

4. O RELATO

  • O proxecto proposto deberá estar relacionado coa cidade de Ourense.
  • Deberá destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, etnográficos ou naturais da contorna. Así mesmo, valorarase favorablemente a transmisión de valores sociais positivos tales coma igualdade, non discriminación, etc.
  • A peza desenvolvida deberá ter una duración mínima de 3 minutos e máxima de 10 minutos.
  • A obra poderá ser ficción, documental, promocional ou reportaxe.
  • A peza deberá ser rodada íntegramente en Ourense e o 40% deberá gravarse nos exteriores da cidade ou na súa contorna.
  • A obra deberá ser en lingua galega (incluídos créditos e información textual). En caso de ser noutro idioma deberá ter subtítulos en galego.
  • Deberá comenzar e finalizar co logotipo do OUFF, que será facilitado pola organización.

 

5. SELECCIÓN DOS PROXECTOS

  • Dos proxectos enviados serán seleccionados dez que pasarán á fase de concurso. Sete na categoría xeral e tres na categoría escolas.
  • Para a súa selección valorarase:

– A viabilidade do proxecto.

– A orixinalidade da idea presentada.

– A adecuación á representación dos valores arquitectónicos, sociais, históricos, etnográficos ou naturais da contorna da cidade de Ourense.

 

6. O ORZAMENTO

  • Cada equipo terá un orzamento máximo para a realización da peza de 500€.
  • Entregaránselle 300€ ao produtor de cada equipo, ou ao docente responsable, no momento da inscrición e entrega de credenciais do concurso.
  • Os outros 200€ serán ingresados por transferencia bancaria despois da entrega da peza audiovisual, sempre que esta cumpra as bases do concurso e o resultado final se adapte ao proxecto presentado.
  • Os equipos deberán presentar xunto coa entrega da peza unha memoria de produción do desenvolvemento do proxecto. Esta memoria levará un parte diario de traballo no que se explicará como se organizaron os equipos, o orzamento e os tempos.
  • O orzamento poderase gastar nas partidas que o equipo considere necesarias: material técnico, atrezzo, actores, manutención, desprazamentos, aloxamento…

 

7. OS PREMIOS

  • Na categoría FAS MUVIS haberá un primeiro premio de 600€ e un segundo de 200€ para as obras audiovisuais que segundo a valoración do xurado mellor se adapten a estas bases.
  • Na categoría FAS MUVIS ESCOLAS haberá un único premio de 400€.
  • Os dereitos de explotación non comercial das obras premiadas serán cedidos á Deputación Provincial de Ourense para a súa promoción.
  • O sábado 5 de outubro, na sesión de peche do OUFF, o Xurado outorgará os premios aos gañadores e proxectaranse as obras galardonadas.

Para inscricións ou calquera dúbida, podes dirixirte a fasmuvis@gmail.com.