FAS MUVIS. LÍMITE 48h. OUFF2022

Unha cidade / Un equipo / Unha idea / Un presuposto / Unha peli / Un premio

 

1. A PROPOSTA 

– FasMuvis é un concurso por equipos para a realización dunha obra audiovisual cunha duración determinada durante un tempo limitado. Cada equipo participante contará cun presuposto pechado para a realización da obra.

 

2. OS EQUIPOS

– A inscrición será por Equipos nunha única categoría.

– Cada Equipo estará formado por un máximo de 5 membros que non poderán ser maiores de 30 anos. Deste equipo exclúese o elenco artístico, entrevistados ou expertos colaboradores.

– Os equipos deberán aportar un dossier co nome do Equipo, os datos de contacto dun membro que exercerá de Produtor, unha proposta de idea e unha sinopse, os datos persoais de todos os compoñentes do equipo e un cv breve de cada un. Este dossier non deberá superar as 3 páxinas.

– Haberá un máximo de 6 Equipos concursando.

– A organización fará a selección dos equipos concursantes atendendo ao CV dos membros, á calidade do proxecto e a adaptación do relato proposto ás Bases do Concurso.

– Cada equipo seleccionado será o responsable de aportar o material técnico que considere necesario para o desenvolvemento do seu proxecto.

 

3. DATAS E DURACIÓN DO CONCURSO 

– A data límite de entrega de propostas será o 11 de setembro ás 20h no correo fasmuvis@gmail.com e a lista de seleccionados farase pública o día 13 de setembro.

– O tempo de preprodución comezará dende o momento en que se notifican os Equipos seleccionados.

– Os Equipos concursantes ou o seu Produtor deberán presentarse o día 23 de setembro ás 18h no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense para proceder á entrega de credenciais e á explicación detallada das bases do Concurso.

– Haberá un límite de 48 horas para a gravación: dende o venres 23 de setembro ás 20h, ata o domingo 25 de setembro ás 20h.

– Os equipos disporán de 96 horas para a montaxe, que serán dende o domingo 25 de setembro ata o xoves 29 de setembro. A obra definitiva terá que estar subida antes das 20:00h. do xoves día 29 de setembro á plataforma que a organización teña indicado.

 

4. O RELATO 

– O proxecto proposto deberá estar relacionado ca cidade de Ourense e a súa contorna. A obra poderá ser curta de ficción, documental ou reportaxe.

– Deberá destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, artísticos, etnográficos ou naturais da contorna. Así mesmo, valorarase favorablemente a transmisión de valores sociais positivos tales coma igualdade, non discriminación, integración,etc.

– A peza desenvolvida deberá ter una duración mínima de 3 minutos e máxima de 10 minutos.

– Ás imaxes deberán ser rodadas íntegramente en Ourense. Un mínimo do 40% da duración total deberá ser rodada nos exteriores da cidade ou na súa contorna.

– A obra deberá ser en lingua galega (incluídos créditos e información textual). En caso de ser noutro idioma deberá ter subtítulos en galego.

– Deberá comenzar e finalizar co logotipo do OUFF, que será facilitado pola Organización.

 

5. SELECCIÓN DOS PROXECTOS 

– De todos os proxectos enviados serán seleccionados 6 Equipos que pasarán á fase de concurso.
Para a súa selección valorarase:

  • A viabilidade do proxecto.
  • A orixinalidade da idea presentada.
  • A adecuación á representación dos valores arquitectónicos, sociais, históricos, artísticos, etnográficos ou naturais da contorna da cidade de Ourense especificadas nestas Bases.

 

6. O PRESUPOSTO 

– Cada Equipo terá un presuposto máximo para a realización da peza de 500€. Entregaránse 300€ a cada Produtor no momento da inscrición e entrega das credenciais do Concurso.

– Os outros 200€ serán recibidos despois da entrega da peza audiovisual, sempre que esta cumpra cas Bases do Concurso e o resultado final se adapte ó proxecto presentado.

– Os equipos deberán presentar xunto coa entrega da peza unha Memoria de Produción do desenvolvemento do proxecto. Esta memoria levará un parte diario de traballo no que se explicará como se organizaron os equipos, o presuposto e os tempos.

– O presuposto poderá ser gastado nas partidas que o equipo considere necesarias: material técnico, atrezzo, actores, manutención, desprazamentos, aloxamento…

 

7. OS PREMIOS 

– O Concurso FAS MUVIS está dotado cun primeiro premio de 600€ e un segundo de 200€ para as obras audiovisuais que segundo a valoración do Xurado mellor se adapten a estas Bases.

– Os dereitos de explotación non comercial das obras premiadas serán cedidos á Deputación de Ourense para a súa promoción.

– O sábado 1 de outubro, na sesión de peche do OUFF, o Xurado outorgará os premios ós gañadores e proxectaranse as obras premiadas.

 

Coordinación do Concurso: Paulino Pérez e Enzo Sarmiento.