Calpurnia de Honra Internacional: Leonor Silveira
Leonor Silveira naceu en Lisboa en 1970. Estudou Relacións Internacionais e converteuse na intérprete de cabeceira para Manoel de Oliveira. Con el debutou en Los Caníbales (1988), película á que seguirían, entre outras moitas, La divina comedia (1991), El valle de Abraham (1993), Viaje al principio del mundo (1996) con Marcello Mastroianni, Fiesta (1996), El convento (1995) na que compartiu pantalla con Catherine Deneuve e John Malkovich, Inquietud (1997), La carta (1998), Palabra y utopía (1999), El principio de incertidumbre (2001), Una película hablada (2002), Espejo mágico (2005), na que participou Marisa Paredes, ou El extraño caso de Angélica (2009). Tamén traballou con outros directores portugueses coma João Botelho, Joaquim Pinto ou Vicente Jorge Silva e en series de televisión como Terapia (2016), Sara (2018), Teorias da Conspiração (2019) ou Linha D’Água (2021).
Ademais, formou parte do xurado de festivais de cine internacionais como São Paulo (2000), Marrakech (2005), Deauville (2008), Luanda (2008), Cannes (2009) e no de San Sebastián (2009) ademais de no Festival de Locarno deste ano. Tamén foi asesora do Ministerio de Cultura de Portugal e vicepresidenta do ICAM (Instituto do Cinema, Audiovisual e Multimédia). Recibiu a insignia de Chevalier des Arts et des Lettres do goberno francés en 2011, ademais da encomenda da Orden do Mérito en 1997, da man do presidente de Portugal Jorge Sampaio, e o Honor ao Mérito Artístico do Goberno de Madeira en 1995.