María Vitoria Casares

(A Coruña/España, 1922 – Alloue/Francia, 1996)
Actriz de cine e teatro

María Vitoria Casares Pérez, tamén coñecida como María Casares foi actriz de teatro e cinema española nacionalizada francesa, que triunfou como exiliada neste último país onde chegara en 1936 fuxindo da Guerra Civil española, en compañía dos seus pais. Estudou interpretación no Conservatorio de París, no que conseguira entrar en 1941 a pesar das súas dificultades co idioma. O primeiro papel profesional que
obtivo foi en “A Celestina”. Acabou converténdose en musa do existencialismo francés. Tivo unha relación de 16 anos con Marcel Camus.
No cinema iniciouse no clásico de Marcel Carné, “Les enfants du paradis” e pouco despois, en 1944, protagoniza “As damas do Bosque de Boloña”, de Robert Bresson. Jean Cocteau dirixiuna en “ Orphée” (1950) e fíxose moi popular, aínda que en España foi silenciada. En 1976 volveu a España para representar “O espantallo” de Rafael Alberti.
En 1989 conseguiu o Premio Molière á mellor actriz de teatro e foi nomeada aos César. Recibiu do goberno francés o Premio Nacional de Teatro, e en España, a Medalla ao Mérito de Belas Artes. Obtivo o Premio Segismundo da Asociación de Directores de España. Tamén se lle concedeu o título de filla predilecta da Coruña e a Medalla Castelao. En 1996, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, pero a morte impediulle asistir á súa primeira edición.

María Casares, la mujer que vivió mil vidas
XAVIER VILLAVERDE • Galicia-España / 2022 / Documental (Work in progress)

Sinopsis

Unha longametraxe que nos acerca de maneira íntima e profunda a este muller extraordinaria cuxa vida queda marcada pola Guerra Civil e o exilio a Francia. Viviremos xunto a ela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida apaixonante na que se cruzan figuras culturais de primeira orde.

“Como unha segunda casa…”

O Ourense Film Festival e a cidade son para a min como unha segunda casa. Non só presentei nel todos os meus filmes, senón que fun xurado da competición oficial. Teño ademais unha profunda relación de afecto cos seus organizadores. Por iso faime especialmente feliz, poder presentar nesta nova edición do festival, como primicia, unhas breves secuencias da miña nova película dedicada a María Casares. O filme, aínda está sen terminar e en fase de postproducción, terá a súa estrea mundial, na competición de documentais da próxima SEMINCI, a Semana Internacional de Cinema de Valladolid.

Xavier Villaverde. (A Coruña, 1985)

Ten unha longa traxectoria de máis de trinta anos como Director, Produtor e Guionista. En 1984 gana o Festival Nacional de Vídeo e o premio europeo Moniteur con “Veleno Puro”, seleccionado para Documenta de Kassel de 1987. Outras obras deste período son “Viúda Gómez” en 1985 e “Golpe de Látigo”, premio á mellor curtametraxe do festival de cinema de Montreal en 1986. O seu filmografía como director inclúe longametraxes como “Continental”,” Fisterra”, “Trece Badaladas”, “Xitanos de Bos aires” en 2010 (Codirigido con Regina Álvarez). “O sexo dos anxos” en 2012 e “María Casares, a muller que viviu mil vidas” en 2022.

 

Orfeo
JEAN COCTEAU • Francia / 1950 / Drama

Sinopse

Orfeo é un poeta obsesionado coa Morte (a Princesa) da cal se namora. Un día os esbirros da Morte matan a Eurídice, a esposa de Orfeo, e este decide seguila ata o Inframundo para rescatala.

Ficha

Director: Jean Cocteau. Guión/Guion: Jean Cocteau. Música: Georges Auric. Fotografía: Nicolas Hayer. Montaxe/Montaje: Jacqueline Sadoul. Intérpretes: Jean Marais, María Casares, François Périer. Duración: 112 minutos. Produtor/Productor: André Paulvé. Produción/Producción: Films du Palais Royal, Andre Paulve Film.