“Fas Muvis. Límite 48h” é un concurso que busca promover a creación audiovisual entre os máis novos incentivando a gravar unha peza nun tempo limitado. Selecciónanse seis equipos para a competición e cada un deles ten un límite de 48 horas para rodar, coincidindo co comezo do OUFF. Despois teñen 96 horas para facer a montaxe da obra final.

Todos os proxectos deben estar relacionados con Ourense e poden ser ficción, documental, promocional ou reportaxe, co engadido de ter unha duración de entre 3 e 10 minutos. As propostas que se presenten deberán estar relacionadas coa cidade. Búscase darlle protagonismo polo que as imaxes deberán ser gravadas  integramente en Ourense e contorna e un 40% como mínimo en exteriores. A obra deberá destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, artísticos, etnográficos ou naturais da zona. Tamén se valorará o fomento de valores como a igualdade ou a integración así como a orixinalidade do proxecto.

BASES FAS MUVIS 2022