EQUIPO:

O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo e patrocinado pola Deputación de Ourense.

Dirección artística: Miguel Anxo Fernández

Coordinación técnica: Aurelio Gómez Villar

 


Desde a súa creación en 1996, o Ourense Film Festival (OUFF) é un dos acontecementos máis destacados en Galicia na súa especialidade, coa aspiración histórica de converterse no festival audiovisual da comunidade autónoma. Ao longo da súa traxectoria consolidouse en canto a promover o cinema de autor e ao tempo social, mantendo o seu compromiso de erixirse no punto de encontro anual para os profesionais do sector en Galicia, ao tempo que produce un importante retorno económico para a cidade. Compre ter en conta o importante vinculo desta provincia co cinema.

Non soamente podemos lembrar a importantes directores cinematográficos como Carlos Velo, Antonio Román ou José Suárez, tamén colectivos como o Cine Clube Padre Feijóo, un dos decanos de Galicia e aínda en activo. Igualmente a cidade de Ourense foi pioneira coa organización a mediados dos anos setenta das “Xornadas de Cine de Ourense”. Xa en 1996, promoveuse o Festival de Cine Independente de Ourense (Ourense Filme Festival) con dirección do cineasta galego Eloy Lozano, abrindo as perspectivas á promoción do cinema galego e a unha proxección europea internacional.

O impulso inicial, debeuse nas primeiras edicións ao Concello de Ourense que para a presente edición cedeu a súa marca OUFF e a súa organización á Deputación de Ourense, que ao tempo asinou un convenio coa Fundación Carlos Velo para integrarse na súa organización, ao fío da súa condición de fundación única no seu tipo en Galicia e en España, ademáis do seu vínculo directo con México, país de acollida do cineasta e por ter como presidenta de honra á escritora, guionista e directora, Laura Gárdos Velo.

Compre considerar igualmente que o OUFF é o certame máis antigo de carácter internacional e competitivo que se celebra en Galicia, cun selo diferencial que traspasa as propias fronteiras do país. A difusión do mesmo vai cobrando importancia, por consolidarse como punto de encontro dos afeccionados e profesionais do medio cinematográfico, fundamentalmente de España, Galicia e norte de Portugal, o que supón que se converteu nun foco de interese para todo tipo de persoas relacionadas co audiovisual. Moitas das películas nacionais e internacionais premiadas neste festival, atoparon posteriormente unha distribución comercial, demostrando así a viabilidade de proxectos alternativos nos circuítos habituais. Ademais o festival tamén serve para descubrir a novos realizadores, xa que na súa filosofía trata de potenciar a presenza na sección competitiva de primeiras ou segundas películas e de feito, concede un Premio ao Mellor Director baixo o nome do director ourensán Carlos Velo.

Na cidade de Ourense cada ano dáse cita unha importante poboación flotante que acode interesada, tanto nas películas como no evento en si mesmo. A estes engádenselle os profesionais do sector e dos medios de comunicación que, unidos aos participantes e ao público propio da cidade, dotan a esta dunha vitalidade e dinamismo moi superiores ao habitual. Todas as nacionalidades teñen cabida no Ourense Filme Festival. Máis de 140 países dos cinco continentes enviaron os seus traballos ao certame ao longo das 22 edicións anteriores. Acadouse así un dos grandes obxectivos do certame, dar a coñecer o cinema que se fai nos distintos lugares do planeta, é indubidablemente en Galicia. Dentro do apoio do festival ao cinema español, existe un esforzo permanente en contar con participación nacional.

Neste obxectivo situamos aos numerosos profesionais que mostraron, coa súa presenza en Ourense, o seu apoio ao certame: José Luis Cuerda, Alejandro Amenábar, Sergi López, Elías Querejeta, Fernando Arribas, Fernando León, Pedro Olea, Assumpta Serna, Imanol Arias, Laura Gárdos Velo, Carlos Iglesias, Javier Angulo, Joaquim de Almeida, Concha Velasco, Luís García Berlanga, Montxo Armendariz, Juan Diego, Álex de la Iglesia, Diego Galán, Pilar Bardem, Pepe Sancho, Lola Herrera, Víctor Clavijo, Daniel Guzmán, Alfredo Landa, Lola Dueñas, Isabel Coixet, Carlos Bardem, Javier Bardem, Enrique Urbizu, e un longo etcétera de profesionais do cinema e a televisión. A través de varias publicacións realizadas polo propio festival reivindicouse a memoria histórica de nomes galegos e nacionais intimamente relacionados co cinema español tales como Antonio Román, Antonio Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Nieves Conde, Torrente Ballester ou Camilo José Cela, por citar soamente algúns deles.

Así mesmo a celebración de mesas redondas, mercados, masterclases, encontros co público, conferencias, presentacións e cursos foron sempre un referente na promoción do cinema español e galego pasado, presente e futuro. Merece destacarse a decidida aposta polo audiovisual galego, ao que sempre concedeu un gran protagonismo en todas as súas edicións. Desde a primeira, o certame ourensán serviu de gran escaparate e punto de encontro para a industria cinematográfica de Galicia. Asambleas, debates, mesas redondas, presentación de proxectos, proxección de longametraxes e curtametraxes, publicacións e homenaxes que contaron coa presenza de produtores, directores, distribuidores, técnicos e actores relacionados coa produción galega. Aquí déronse cita colectivos tan importantes como a Asociación de Intérpretes Sociedade de xestión (AISGE), Academia Galega do Audiovisual, Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI), Clúster do Audiovisual, SGAE, etc.

A relación foise potenciando e ampliando ano tras ano na medida na que o crecemento do audiovisual galego foino demandando. Neste momento, e debido á difícil situación económica que afecta a todo o sector, téntase potenciar ao máximo os traballos que se produzan ou coproduzcan en Galicia, tratando de apoiar a uns profesionais que constitúen unha das industrias do tecido económico empresarial de Galicia. Polo certame pasaron centos de profesionais do sector como: Isabel Blanco, Uxía Blanco, Pepe Coira, Manuel González, Julio Casal, Mamen Quintas, Xavier Bermúdez, Morris, Luís Zahera, Monti Castiñeiras, Susana Maceiras, Chelo Loureiro, Mabel Rivera, Rubén Riós, Raúl Veiga, Xavier Villaverde, Chisco Amado, Norberto López Amado, Pancho Casal, Antonio Mourelos, Patricia Ferreira, María Vázquez, Araceli Gonda, Dani de la Torre, Enma Lustres, Ignacio Vilar, Miguel de Lira, Antón Reixa, Manuel Manquiña, Luís Tosar, Ledicia Sola, Sonia Castelo, María Bouzas