Adolfo Domínguez, Dani de la Torre e Xavier Bermúdez protagonizan a apertura do 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense

  • A gala de inauguración, cun marcado selo ourensán e de compromiso coa cultura, foi escenario da entrega dos Premios Calpurnia 25 aniversario e Premio Ourense nun acto conducido por Ledicia Sola

  • Xavier Bermúdez estrou o seu filme “Olvido y León” como punto e final dun proceso que tivo o seu xérmolo no propio OUFF

  • O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, tivo un especial recordo para “todos los que dunha maneira ou outra formaron parte destes 25 anos: dende o primer director e ideólogo do festival, Eloy Lozano, ata todos os equipos que traballaron para chegar aquí”

  • O director artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, destacou o papel da cultura coma “sector estratéxico ao que compre afastar do perigo de extinción”

 

Emoción, compromiso e historia forman o eixo central da 25 edición do Festival de Cine de Ourense. Un atípico aniversario condicionado polas medidas de restricción sanitarias que tamén se notaron na gala de inauguración dun festival que mira cara o futuro sen olvidar as súas fondas raíces. Así o destacou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que valorou o compromiso dos ourensáns e a aposta contundente das adminitracións implicadas por unha cultura de calidade e segura que tivo un especial recordo para “todos los que dunha maneira ou outra formaron parte destes 25 anos: dende o primer director e ideólogo do festival, Eloy Lozano, ata todos os equipos que traballaron para chegar aquí e mesmo os responsables institucionais, Concello, Xunta e Deputacion que incluso con formaciones políticas diversas sempre apostaron polo OUFF”. 

Queda manifesta a lonxevidade dun certame que hai 25 anos nacía en Ourense e que dende 2018 pasou a ser organizado pola Deputación que mantén un política audiovisual activa apoiando rodaxes que serán éxitos no 2021 coma é o caso de “Cuñados” e “Live is Life”. O Festival de cine de Ourense non so resiste á situación sanitaria senón que de novo da un paso adiante para ser referente do audiovisual galego ademais dun “espazo aberto ao diálogo sobre o cine do pasado, presente e futuro“. 

Nese sentido, o director artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, insistiu “no carácter solidario e de apoio do OUFF ao sector audiovisual galego en particular, nestes tempos tan difíciles para todos e especial para eles, pois consideramos a cultura un sector estratéxico ao que compre afastar do perigo de extinción, en especial cando as circunstancias veñen reviradas”. 

Cun marcado selo ourensán e cun firme compromiso co patrimonio audiovisual, as bodas de prata do OUFF botan a andar cunha gala con dous nomes propios: Adolfo Domínguez e Xavier Bermúdez. E o recordo, sempre vivo, a aqueles pioneiros do cinema e do audiovisual galego que abriron camiños que hoxe recorremos con novos bríos: Eloy Lozano, Chano Piñeiro, José Luis Cuerda… Nomes que estarán presentes nesta edición máis aló do seu recordo durante a gala.

OUFF 2020: posta en escea

Sobria posta en escena para una gala condicionada polas medidas sanitarias e o distanciamento social, na que a actriz Ledicia Sola asumiu novamente o papel de conductora. 

Este ano, Ourense cobrou protagonismo non só na selección de filmes rodados na provincia para a súa apertura e clausura. Falamos de Olvido e León, rodada en parte en Laias e que naceu froito da pasada edición do Festival de Cine de Ourense, e de Luarada, unha produción do ourensán Óscar Doviso, baseada na historia de Manuel Blanco Romasanta. Recordemos que por primeira vez na súa historia, o festival abrirá e pechará coa estrea mundial de dúas longametraxes rodadas e producidas na provincia de Ourense: “Olvido y León”, na gala de inauguración, e “Luarada”, na clausura. 

OUFF 2020: invitados de honra

Pese o aforo limitado e as medidas de seguridade, dous amigos do Festival de Cine quixeron formar parte deste atípico 25 aniversario. Xavier Bermúdez, Premio Calpurnia en 2018, regresou de novo á cidade para mostrar os lazos de afecto que o unen ao certame e presentar o seu último proxecto que tivo o seu xérmolo e densenrolo dentro do OUFF. 

Nunca noite tan especial tamén nos quixo acompañar o actor de orixe carballiñés Jose García, quen fora Premio Calpurnia Internacional en 2019, ademais de firme defensor da cultura e o patrimonio audiovisual galego.

Calpurnia 25 aniversario

Proba de que Ourense é de cine é tamén o Premio Calpurnia 25 aniversario que recae sobre o modisto ourensán Adolfo Domínguez, que non puido estar presente na gala, pero quixo agradecer o recoñecemento a través dun video no que destacou a súa colaboración co festival “hace 25 años cuando aún era semilla. Solo duran las cosas que sirven a la comunidad. Eloy Lozano y los que seguisteis haciéndolo, algo habréis hecho bien”. Foi Tiziana Domínguez, directora Creativa do grupo Adolfo Domínguez e filla pequena do homenaxeado, quen recolleu o premio.

A produción de La moños foi unha das aportacións de Adolfo Domínguez ao mundo do cinema. Foi esta cinta a que serviu para abrir o Festival de Cine de Ourense, proxectándose na gala inaugural da primeira edición no ano 1996. Foi o comezo dun festival que puxo o nome de Ourense no mapa e que este ano chega a súa 25 edición recordando a súa orixe. La Moños poderá verse de novo nesta edición

Dani de la Torre, premio Ourense

Pero además a provincia é protagonista do festival de cine sendo escenario para documentais que poderán ser vistos en Panorama en Galicia (un repaso da vida do deportista ourensán Simón González en “A nosotros tu reino”, “Nación de muchachos: Utopía o muerte” ou “Sons do entroido”) e sendo, sobre todo, plató de cine para proxecto como o do Premio Ourense deste ano, o cineasta lucense Dani de la Torre, que ven de rodar algunhas esceas de Live is life no monasterio de Rocas e que subiu ao escenario do Auditorio para recoller o seu galardón.

Ollada feminina

¿Máis Ourense? Dúas foron as proxeccións que abriron a 25 edición do Festival de Cine de Ourense. A xa mencionada estrea de “Olvido y León”, e a segunda, a presentación da curta “Amanezca”, dirixida pola actriz Lucía Álvarez, nacida en San Xoán de Río, é a primeira peza do audiovisual español na que o equipo técnico está plenamente integrado por mulleres. 

O actuación musical da gala de inauguración do 25 OUFF correu a cargo do gañador dun Oscar Nico Casal, que compuxo bandas sonoras entre as que destacan a de “Stutterer”, gañador do premio Oscar a Mellor Curtametraxe en 2016, e a película “La Enfermedad del Domingo”, de Ramón Salazar, nominada nos Premios Feroz como mellor banda sonora.