O OUFF rende unha merecida homenaxe a José Luis Cuerda

  • O acto, ao que asistiron representantes dos concellos nos que rodou o cineasta na provincia, consistiu no descubremento dunha placa “neste Ourense que enseñou ao mundo a través da gran pantalla”, así o destacou Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense

  • Elena Cuerda lembrou o “apego” que seu pai demostrou polo Festival de cine de Ourense nos seus 25 anos de historia e a súa implicación coa provincia de Ourense

  • Hoxe, poderá verse no Teatro Principal, ás 20.30 horas, a proxección do seu filme “Los girasoles ciegos” como parte do recoñecemento ao director e guionista

 

Non podía ser doutra forma. O 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense tiña que renderlle homenaxe ao director José Luis Cuerda e hoxe foi o día escollido. A xornada comezou coa instalación dunha placa en honor do cineasta na esquina da Praza Maior coa rúa das Tendas, lugar especialmente significativo onde se rodou “Los girasoles ciegos”.

No acto interviñeron o presidente da Deputación, Manuel Baltar, xunto co director do festival Miguel Anxo Fernández e Elena Cuerda, filla do cineasta. Baltar reinvidicou “a figura de Cuerda como un dos grandes directores da historia do cine español, para quen Ourense foi a súa patria electa”. Para o presidente provincial esta homenaxe quere destacar a figura do cineasta de Albacete “neste Ourense que el enseñou ao mundo a través da gran pantalla”. 

“El cine surge de la cabeza de uno mismo, me proponen y yo elijo, aunque para ser exactos casi siempre soy yo el que hace la propuesta”. Manuel Baltar recordou así unha das frases características de Cuerda que exemplifica a súa visión do cine e que nos fixo “disfrutar de Ourense grazas ás súas obras (A língua das bolboretas (1999, Allariz), “Primer amor” (curta rodada en Cabanelas no Concello do Carballiño) e Los girasoles ciegos (Goya ao mellor guión adaptado en 2008 que pode verse na exposición “25 anos de cine” no Centro Cultural Marcos Valcárcel). Remarcou que o que buscamos “é que Ourense teña sona e visibilidade dentro da traxectoria do cine galego, que non se entende sen Ourense; un Ourense ao que lle quedan moitas páxinas por escribir da historia do cine, xunto con este festival que hoxe lembra a José Luis Cuerda, nesta xustísima homenaxe de quen foi un escalón proverbial para que hoxe esteamos aquí falando de cine”, afirmou Manuel Baltar.

Creador e máximo representante do “sub ruralismo”, Cuerda conta cunha filmografía salpicada de grandes títulos como “Amanece que no es poco” ou “Tiempo después”. Foi ademais un veciño máis de Ourense, lugar que escolleu como patria, asi o decía na súas “Memorias fritas” nas que consideraba a comarca do Arenteiro “a súa patria electa”.

Miguel Anxo Fernández, director artístico do Festival de Cine” quixo facer unha semblanza da figura do cineasta lembrando un dos seus traballos máis representativos. “O bosque animado reflectiu unha Galicia non tópica, unha Galicia digna, unha Galicia máxica”, asegurou.

Elena Cuerda, filla do cineasta, quixo agradecer en nome de toda a familia o recoñecemento aseverando “que estoy segura estaría encantado de vernos aquí hoy a todos juntos”. Así lembrou o “apego” que Cuerda tiña ao Festival de Cine de Ourense no que participou en diferentes ocasións ao longo destes 25 anos e o seu afecto a unha terra na que decidiu levar a cabo o seu proxecto vinícola en Gomariz. “Adoraba Galicia, él decía que por contraste, le interesaba, sobre todo, la Galicia fluvial y adoraba a sus gentes que decía eran grandes oradores”, destacó. Tamén fixo referencia a actual situación de pandemia. “Un amigo de mi padre me dijo que había sido inteligente hasta para decidir cuándo dejarnos, así se podía ahorrar esta situación tan surrealista que estamos viviendo en todo el mundo y que bien podría incluirse en uno de sus guiones”. 

Ao acto asistiron representantes dos concellos nos que se rodaron as súas tres obras máis significativas para Ourense. Así estiveron presentes Francisco José Fernández, alcalde de Leiro, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, Patricia Torres, alcaldesa de Boborás, Manuel Dacal, teniente alcalde do Carballiño, Armando Ojea, teniente alcalde do Concello de Ourense, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, e Gabriel Alén, delegado da Xunta de Galicia en Ourense.

Un ourensán de Albacete

Pese a ter nacido en Albacete, José Luis Cuerda era ourensán de adopción dende que se enamorou desta terra e se fixo cunha casa na comarca do Ribeiro. Alí fundou tamén a súa propia adega, Sanclodio. Nestes momentos está aberto a tramitación do expediente para o nomeamento de José Luis Cuerda como Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense.

Pero Cuerda tamén era ourensán no terreo do cine. Co festival estaba moi vencellado. En 1997 recibiu a que foi a segunda Calpurnia de Honra do OUFF e no 2002 foi presidente do xurado internacional. Pero ademais aquí rodou dúas películas que xa forman parte da historia do cine feito en Ourense: “La lengua de las mariposas” e “Los girasoles ciegos”. E precisamente hoxe, para completar o día de homenaxe proxéctanse as dúas na cidade das Burgas. A primeira delas puido verse este mañá dende ás 12 horas e a segunda proxectarase ás 20:30 horas. Ámbalas dúas tiveron como escenario o Teatro Principal.