José García: “É un orgullo ter este premio, a través do cine volvo aquí”

Xosé Manuel Rodríguez, Miguel Anxo Fernández, José García, Aurelio Gómez Villar
  • O intérprete recibe esta noite a Calpurnia de Honra Internacional nunha gala presentada por Sergio Pazos

  • O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregará o galardón antes da proxección de Arcadia

O actor francés de orixe galega José García recibe este martes a Calpurnia de Honra Internacional da 24ª edición del Ourense Film Festival (OUFF) en recoñecemento a súa longa carreira no mundo da interpretación. Fillo de emigrantes de O Carballiño emigrados a París, é unha das grandes estrelas do cinema galo, onde protagonizou máis de sesenta longametraxes e traballou con grandes como Costa-Gavras, Jean-Jacques Annaud ou Regis Wagnier. Tamén participou en éxitos como “Astérix e os Xogos Olímpicos” (2008) e en producións de Hollywood como “Ahora me ves” (2013).

“É un orgullo ter este premio. É como un billete de volta dos meus pais, a través do cine volvo aquí. Para min é moi emocionante ser recoñecido na miña terra galega e unha honra apoiar a un festival como este, que ten que servir para dar a coñecer a Galicia internacionalmente” asegurou José García nun perfecto galego. Tamén recoñeceu que “estou a descubrir cousas sobre min cada vez que volvo a esta terra. Hai que dar a coñecer Galicia, os seus decorados naturais, a súa cultura, a súa comida e tamén o cinema galego no mundo enteiro.”

José García en el OUFF 2019

Tanto Aurelio Gómez Villar, coordinador técnico do OUFF, como Miguel Anxo Fernández, coordinador artístico, quixeron agradecer ao intérprete a súa predisposición para colaborar co festival. Como asegurou Gómez Villar “desde o minuto 1 en que lle propuxemos estar aquí, non o pensou. Ademais, está a darnos moitas ideas para mellorar o festival. Temos nel a un gran valedor do OUFF”.

A homenaxe que o intérprete recibe esta noite comezará no Teatro Principal a partir das 20:00 horas e estará presentado polo ourensán Sergio Pazos. O presidente da  Deputación de Ourense, Manuel Baltar, será o encargado de facerlle entrega da  Calpurnia de Honra Internacional a José García. A Real Banda de Gaitas da Deputación interpretará unha peza en homenaxe ao actor. A gala complétase coa proxección de “Arcadia” (Costa- Gavras, 2005), película pola que o actor foi nomeado ao César a mellor actor.