La que se avecina recibirá o Premio OUFF Televisión 2020

LQSA- Premio OUFF
  • O primeiro capítulo da nova temporada estrearase no festival

  • É a comedia máis lonxeva do prime time en España

 

A serie La que se avecina recibirá o Premio OUFF Televisión durante o 25 aniversario del Festival de Cine de Ourense por ser a comedia máis lonxeva da televisión en España e en recoñecemento aos seus éxitos de audiencia permanentes. 

A exitosa serie de  Mediaset España, que emite Telecinco, alcanzará este ano a súa 12ª tempada con moitas novidades. Para conmemorar este galardón, proxectarase durante o festival o primeiro capítulo da nova tempada, o número 155 da serie.

Para a organización do OUFF “é un orgullo poder entregar o Premio OUFF Televisión a este fenómeno televisivo. Con este premio acollemos con enorme satisfacción no festival non só á comedia máis lonxeva senón a unha serie que está entre o mellor da historia da ficción televisiva española”.  

Así mesmo a decisión adoptada polo equipo de dirección do  OUFF, nesta 25ª edición, “vén acompaña da necesidade de dar un carácter colectivo este ano ao premio, xa que queremos que dalgunha maneira chegue a todos os profesionais que apostaron, apostan e traballan nesta serie.”

Risas para todos

Creada polos irmáns Alberto Caballero e Laura Caballero e por Daniel Deorador, La que se avecina é unha comedia destinada a un público, sobre todo, xuvenil e adulto que se caracteriza por ironizar con humor as relacións de convivencia entre veciños dunha comunidade a través de historias e situacións surrealistas que lles suceden aos seus protagonistas. Este ano chega a súa decimosegunda tempada en emisión.

La que se avecina é unha produción de Mediaset España en colaboración con  Contubernio Films, distribuída por Mediterráneo Mediaset España Group.

Historia do Premio

O Premio OUFF Televisión entregouse por primeira vez o pasado ano, recaendo esta honra na actriz galega Cristina Castaño. Este galardón xurdiu pola aposta da organización do festival por apoiar o impulso que a ficción televisiva está a tomar nos últimos anos, co engadido de incorporar recursos e estruturas narrativas tomadas do cinema, ademais da propia dinamización do sector.