Mediterráneo leva o Premio do Público do 26 OUFF

Mediterráneo
  • O filme, dirixido por Marcel Barrena e protagonizada por Eduard Fernández e Dani Rovira , chega hoxe aos cines comerciais

  • As películas gañadoras proxectaranse o domingo no Teatro Principal

Ourense,1 de outubro– Tras pechar onte as votacións do público que acudiu ás úñtimas proxeccións de Sección Oficial desta 26 edición do OUFF (Ourense Film Festival), xa se coñece a película gañadora do codiciado Premio do Público: Mediterráneo. O filme, dirixido por Marcel Barrena e que conta a historia de como xurdiu o buque Open Arms, ten xusto hoxe a súa estrea comercial en salas. 

Como en anos anteriores, o domingo, xornada de peche do festival, proxectaranse no Teatro Principal as películas gañadoras, con entrada de balde. 

  • 17 horas. Premio Mellor Guión: Listen.
  • 19:30 horas. Calpurnia á Mellor Película: Playground.
  • 22:00 horas. Premio do Público: Mediterráneo.

As entradas pódense retirar xa en Ataquilla.com ou o domingo, fisicamente, na billeteira do Teatro Principal unha hora antes de cada proxección. Só se entregarán entradas para cada proxección e un máximo de dúas entradas por persoa.