O actor Jose Coronado recibirá o Premio OUFF Televisión 2021

  • O madrileño, gañador dun Goya, é un dos intérpretes con maior traxectoria e recoñecemento dentro do audiovisual español

  • Trala entrega do premio estrearase o primeiro capítulo de ‘Entrevías’, nova serie de Mediaset España da que é protagonista e que está actualmente en rodaxe

  • Será o terceiro galardoado en recibir este premio, despois da actriz galega Cristina Castaño e a serie La que se avecina

Ourense, 20 de setembro – O Premio OUFF Television 2021 recaerá no actor Jose Coronado. O intérprete madrileño recibirá este galardón en recoñecemento a súa extensa carreira na televisión onde nos deixou papeis memorables en series como Brigada Central, Periodistas, Acusados, El Príncipe, Gigantes ou Vivir sin permiso e que agora estrea Entrevías. Actualmente, roda para Mediaset España Entrevías, unha nova ficción que o grupo produce xunto a Alea Media cuxo primeiro capítulo estrearase en exclusiva tras o acto de entrega do premio ao seu actor protagonista, o próximo 29 de setembro no Teatro Principal.

Coronado toma o relevo da actriz galega Cristina Castaño e da serie de Mediaset La que se avecina e será o tercer persoeiro en recoller este premio surxido no ano 2019. 

A organización do festival salienta que “coa institución do premio OUFF Televisión, que na súa primeira edición foi recibido por Cristina Castaño, o festival quere salientar o pulo que a ficción televisiva está a tomar nos últimos anos, co engadido de incorporar recursos e estruturas narrativas tomadas do cine, ademais da propia dinamización do sector. Talento, creatividade e industria, están a camiñar da man no obxectivo común de producir imaxes de calidade, das que o premiado, José Coronado é un garante de prestixio.”

Un recoñecemento para un dos actores máis premiados

Gañador do Goya en 2012 pola súa maxestuosa interpretación en No habrá paz para los malvados de Enrique Urbizu, Jose Coronado non necesita presentación. É unha das caras máis coñecidas do audiovisual español. Naceu en Madrid en 1957 e decidiu facer un curso de arte dramático na Escuela de Cristina Rota cando estaba a piques de cumplir os 30. Un mes despois, conseguía o seu primeiro papel nunha obra de teatro. Dende entón, non parou de traballar. A súa dilatada carreira profesional inclúe preto de 40 películas, máis dunha ducia de obras de teatro e decenas de papeis en series para televisión. Ademais, estivo dúas veces nomeado ao Goya como Mellor Actor de Reparto por Goya en Burdeos, dirixida por Carlos Saura, e por La caja 507 de Enrique Urbizu.

Centrándonos na súa carreira televisiva, hai que falar dos seus papeis como axente Lucas en Brigada Central (1990-1992) ou como o xefe de Local Luis Sanz na mítica Periodistas (1998-2002) onde adquiriu gran fama. A estas seguirían outras series como Código fuego (2002) e despois varias ficcións de Telecinco: Los ochenta (2004), RIS Científica (2007) e Acusados (2008). En 2013 El Príncipe, producida por Mediaset España, convirtese no seu novo éxito, con grandes críticas e audiencias ata a súa fin no ano 2016. No 2018 participa en Gigantes, de Movistar+, e volve con Mediaset España en Vivir sin permiso, na que volve a compartir cartel con Álex González. Neste 2021 José Coronado estrou na serie de Netflix El inocente, que acadou un gran éxito internacional de público e na que comparte pantalla con Mario Casas e Alexandra Jiménez. 

Entrevías, a mencionada serie que roda actualmente, é un drama urbano que protagoniza xunto ao actor galego Luís Zahera e a nova actriz novel Nona Sobo. Narra a historia de Tirso Abantos, un home de principios cuxa existencia sosegada e rutineira dá un envorco cando a súa neta adolescente irrompe de cheo na súa vida. A ficción combina drama, acción e toques de humor nas súas tramas mentres aborda cuestións de fondo como a brecha xeracional, os cambios na sociedade, a crise de valores e a convivencia entre persoas de distintas culturas.

Para rematar este ano de éxitos, Coronado recibirá en Ourense o Premio OUFF Televisión o vindeiro 29 de setembro, nunha gala na que se estreará en exclusiva o primeiro capítulo desta nova serie.