O xurado de OUFF Escola reúnese para deliberar sobre os gañadores do certame

Ourense, 15 de setembro -. O xurado desta nova edición do OUFF Escola reuniuse a pasada mañá para falar e decidir cales son os premiados deste certame que busca impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

O xurado do OUFF Escola,  certame organizado pola Concellaría de Educación do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o propio OUFF, está composto por:

  • Nora Sola: xornalista, empresaria e ex directora do Festival Internacional de Cine de Ourense. Presidenta do xurado OUFF Escola 2021.
  • César Silva: xornalista, director de programación e Coordinación do OUFF.
  • Fernando González: actor, músico e compositor.
  • Manoli Maseda: doctora en Educación e actual coordinadora en Dinamización da Política Línguística.
  • Gregorio Ferreiro Fente: profesor de Secundaria e actual asesor da Secretaría Xeral de Política Língüística da Xunta.

Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que terá lugar o vindeiro 27 de setembro a partires das 11 horas no Auditorio Municipal de Ourense.