O OUFF pecha a súa edición 23 con un “éxito de público, crítica e medios”

Balance OUFF 2018
  • Para o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Ourense converteuse na “capital do cine en Galicia

  • Máis de 8.300 persoas participaron nas actividades do festival e  6.249 asistiron as salas os 5 días de proxeccións

  • O OUFF 2019 homenaxeará a Eloy Lozano, fundador do festival, ao escritor Eduardo Blanco Amor e ao cine de México

Balance OUFF 2018

Ourense, 7 de decembro. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,  cualificou a 23ª edición do Ourense Film Festival (OUFF) de “éxito de público, éxito de crítica e éxito mediático”, e asegurou que durante os últimos 7 días a cidade converteuse na “capital do cine en Galicia”. Baltar, que este venres fixo balance do OUFF xunto ao coordinador artístico do certame, Miguel Anxo Fernández, e ao coordinador técnico, Aurelio Gómez, afirmou que esta edición é “unha das mellores” en 23 anos de historia do festival.

O presidente da Deputación tamén considera que é “cuestión de tempo” que o Ourense Film Festival se posicione entre os “4 ou 6 mellores festivais de cine de España”. Para iso cre que “hai que dar coa fórmula que lle outorgue estabilidade” ao certame, unha fórmula que pasa porque o OUFF non sexa “cousa dun partido político”. Nesa liña, o presidente destacou que nin na gala de inauguración nin na de clausura se pronunciaran discursos por parte de políticos.

Manuel Baltar tamén sinalou que a partir de agora o festival non será cousa duns días, senón que se organizarán actividades durante todo o año en distintos puntos da provincia. Destacou tamén a colaboración da Deputación de Ourense para que Xavier Bermúdez, premio Calpurnia de Honra deste OUFF 2018, rode na provincia a súa nova película.

Balance OUFF 2018

Público numeroso e implicado

No referinte aos datos da 23ª edición, Miguel Anxo Fernández sinalou que 8.316 persoas pasaron polo festival6.249 persoas asistiron as salas os 5 días de proxeccións, e, delas, o 70% votaron as películas da Sección Oficial, o que significa, na súa opinión, que “Ourense quería este festival e que o público tiña gran implicación”. Ademais, as 10 longametraxes en competición foron valorados cunha nota media de 3,5 nunha escala do 0 ao 5. A película mellor valorada fou Capharnaum con 4,77 sobre 5.

Ademais, “case tódolos colectivos implicados no sector audiovisual pasaron polo festival”, unha cita que Fernández cualificou de “experimental” e que se puxo en marcha en tan só 7 semanas, cun equipo de unhas 20 persoas e un presuposto de 120.000 euros.

Tanto Fernández como Baltar coincidiron en que “ilusión” foi a palabra que mellor definiu os 7 días de festival, e con esa mesma ilusión avanzaron algunhas das novidades do OUFF 2019, cita que afrontan con “as expectativas máis optimistas”, en palabras do presidente da Deputación de Ourense.

Balance OUFF 2018

Un OUFF 2019 para toda a provincia

A 24ª edición do Ourense Film Festival, que podería celebrarse a finais de setembro, expandirase ao resto da provincia; contará con México como país invitado; reforzará Fas Muvis, novidade desta edición na que varios equipos gravaron unha peza audiovisual en só 48 horas, con polo menos o dobre de participantes; entregará a Calpuria de Honra In Memoriam a Eloy Lozano, fundador do festival en 1995, con motivo do 20ª aniversario da súa único longametraxe; e creará un espacio propio para o escritor e guionista Eduardo Blanco Amor, do que se cumprirán 40 anos do seu pasamento, coa reedición dos seus guións e a convocatoria do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

Con estas novidades  e as que iremos coñecendo nos próximos meses, o OUFF dá “un primeiro paso” para situarse no mapa español dos festivais de cine, de acordo con Miguel Anxo Fernández.

A 23ª edición do OUFF foi posible coa organización e o patrocinio da Deputación de Ourense e o co-patrocinio de Xunta de Galicia, Concello de Ourense, ABANCA, GADIS e Fundación AISGE.