Manual de dirección: Cineastas de Galicia

(19 de Setembro ao 1 de novembro no hall do Centro Cultural Marcos Valcárcel)

OUFF-EMÉRIDES

23 de Setembro ao 23 de Outubro na rúa Cruz Vermella (Xardins Padre Feijoo)


Manual de dirección

[Cineastas de Galicia]
Fotografías de Xulio Gil

Son cineastas con longametraxes filmadas nos últimos trinta anos. Directoras e directores presentes nun gran plano secuencia que, como merecida homenaxe, se articula a partir dos retratos individuais de cincuenta e dous homes e mulleres que, desde a lealdade crítica e analítica, representan á totalidade do oficio de dirección nunha cinematografía como a nosa tan contemporánea como fundacional. Un festival como o OUFF, sempre atento e receptivo á historia, desenvolvemento e presente da realización en Galicia, cúmprelle o papel de recoñecer e fixar no tempo os méritos e esforzos dos pioneiros, o asentamento dos máis entusiastas e a consagración de tantos nomes que, desde a consolidación, aseguran futuros de creación e éxito.
[ Proxecto e curadoría: Xosé Enrique Acuña ]

 

 

OUFF-EMÉRIDES

A exposición OUFF-Emérides quere lembrar as figuras da sétima arte que pasaron e foron galardoadas polo festival e das que este ano se cumpre algunha efemérides. No caso de Juan Antonio Bardem, María Casares e José Luis López Vázquez, o centenario do seu nacemento e no de Juan Diego o seu recente falecemento neste 2022. A mostra recolle momentos do seu paso polo Ourense Film Festival e a presenza do protagonista de “O bosque do lobo” en terras da comarca de Celanova. OUFF-EMÉRIDES, obra do deseñador gráfico Miguelanxo Carvalho está formada por diferentes paneis informativos sobre a relación dos homenaxeados co festival.

A exposición estará aberta do 23 de setembro ao 23 de outubro na rúa Cruz Vermella (Xardíns Padre Feijoo)