Premio Fundación AISGE: Mela Casal
O Premio de Honra a toda una traxectoria que concede a Fundación AISGE recae este ano na actriz e dobradora galega Mela Casal que nos seus trinta anos de carreira profesional contribuíu de xeito decisivo na construcción do audiovisual galego.
(Sober/Lugo, 1991)
Actriz e dobradora galega
Dolores Casal Devesa comezou no audiovisual nos anos oitenta, nos primeiros tempos da televisión autonómica. Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie “Mareas vivas” e, posteriormente, foi unha das protagonistas doutras series de ficción de éxito da TVG como “A vida por diante”, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007.
En televisión ten colaborado ademais noutras producións como “Nada es para siempre” (Antena 3), sen esquecer o seu papel de Socorrito en Luar. Das súas incursións en cine cabe destacar a súa participación en títulos como “Sei quen es”, de Patricia Ferreira, en 2000; “O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa en 2003; “O ano da carracha”, de Jorge Coira, en 2004, ou “A Esmorga”, de Ignacio Vilar, así como varias curtametraxes.
Nos últimos anos participou en producións galegas coma a película “Pradolongo” (2008) ou o telefilme “O club da calceta” (2009). Estivo nomeada ó Premio Mestre Mateo á mellor actriz protagonista en 2008 pola súa interpretación de Sofía en “A vida por diante”. Tamén conta cunha grande experiencia teatral e de dobraxe.
En 2019 A Academia Galega do Audiovisual (AGA) otorgoulle o Premio de Honra Fernando Rey polo seu traballo en favor da construción do audiovisual galego nos últimos trinta anos.